Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Xeral

Inaugurase unha exposición itinerante sobre Xela Arias en Compostela

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inaugurou unha exposición sobre Xela Arias na biblioteca Ánxel Casal de Compostela.
xunta-expo-xela-arias-slide-11-maio-2021_r

11,00 h.- O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurará a exposición Xela Arias. Asinamos ser libres. foto xoán crespo 10/05/2021

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 11 de maio do 2021 – A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inaugurou unha exposición sobre Xela Arias na biblioteca Ánxel Casal de Compostela.
    • Medio centenar de accións
    • Centros de referencia

Compostela, 11 de maio do 2021 – A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia inaugurou unha exposición sobre Xela Arias na biblioteca Ánxel Casal de Compostela.

A mostra “Xela Arias, asinamos ser libres” percorrerá despois 11 concellos de Galicia. Trátase dunha iniciativa enmarcada na programación desenvolta pola Xunta en colaboración coas principais institucións culturais do país con motivo do Día Das letras Galegas.

A inauguración correo a car cargo do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, xunto co presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes,

A mostra promovida polo Goberno galego está comisariada pola profesora e biógrafa de Xela Arias, María Xesús Nogueira, quen deseñou un proxecto composto por 10 paneis que, tal e como salientou o titular de Cultura, “fai un repaso por todas as vertentes profesionais da autora difundindo detalles da súa vida, obra e contexto histórico no que viviu”. Así, tras o seu paso por Santiago de Compostela, a mostra chegará, antes de que remate o verán, a Vigo, Sarria (Lugo), Pontevedra, Amoeiro (Ourense), Outes (A Coruña) e Lugo.

A itinerancia continuará nos meses de outono e inverno na Coruña, Ourense, Boiro (A Coruña) e Celanova (Ourense). Un total de 11 concellos que contarán cunha visión “ampla e completa do enorme legado de Xela Arias, unha muller pioneira, moderna, transgresora, comprometida, feminista e precursora que rompeu moldes nas nosas letras cunha linguaxe poética urbana, vangardista e anovadora”, precisou Román Rodríguez.

Medio centenar de accións

O representante autonómico explicou que a exposición Xela Arias. Asinamos ser libres forma parte da “extensa e ampla programación que desenvolvemos desde a Xunta da man das principais institucións e axentes culturais do país para celebrar o Día das Letras Galegas”. Tal e como detallou, trátase dun programa que recolle máis de medio centenar de accións presenciais e en liña que abranguen propostas no eido literario, expositivo, deportivo, promocional, musical e escénico, entre outros.

Concretamente, froito dun traballo colaborativo entre as institucións e a familia da autora, as actividades que xa están en marcha para homenaxear a Xela Arias abranguen multitude de iniciativas de participación social e cultural, de fomento da igualdade e da integración, así como accións musicais e actividades no ensino, nos concellos e no exterior.

Así, ademais desta exposición, cómpre destacar as propostas artísticas para repasar as orixes, infancia e traballo de Xela Arias que se levarán a cabo en diferentes concellos. Tamén as iniciativas habituais nos centros educativos para dar a coñecer a autora homenaxeada nas aulas como a Xornada do Día das Letras Galegas ou as unidades didácticas, calendarios, marcapáxinas, crebacabezas, presentacións, xincanas, exposicións, festivais, pasapalabras, vídeos, podcast, telexornais, cancións ou videopoemas que os equipos de dinamización da lingua desenvolven ao longo de todo o mes das letras en colexios e institutos de toda Galicia.

Centros de referencia

Neste contexto, dous dos centros de referencia na vida de Xela Arias súmanse á homenaxe de xeito especial. O IES Xelmírez II de Santiago de Compostela, no que a autora exerceu a docencia, prepara unha xornada que celebrará o 18 de maio coa participación de María Xesús Nogueira e de Fernando Abreu. Pola súa banda, o IES Castelao de Vigo ten en axenda oito citas que estenden a celebración neste centro no que estudou a poeta con lecturas de poemas, actuacións musicais, relatorios e charlas-coloquios arredor de Xela Arias, obradoiros e conferencias, que lle achegarán ao alumnado a figura, vida e obra da poeta, da man de moitas persoas das que mellor a coñeceron.

A programación das Letras Galegas 2021 incluirá tamén iniciativas de participación social e empresariais, actividades no exterior a través da a Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta de Galicia e a celebración de certames e accións de fomento da lectura e o coñecemento da obra de Xela Arias entre os máis novos, dentro e fóra do ámbito educativo.

Post navigation

Previous: Contacontos e programas de radio para o Día das Letras en Melide
Next: Manuel Mirás despediuse da alcalde de Oroso

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.