займ срочно

Un grupo de país no IES de Ames denuncian o deterioro da calidade do centro

0

Ames, 19 de xuño do 2017 – Un grupo de pais do IES de Ames, en Bertamiráns, uníronse nunha plataforma para denunciar o deterioro da calidade do centro que se ven producindo nos últimos anos.

O colectivo terá a súa primeira asemblea o próximo luns no Pazo da Peregrina as oito e media da tarde. No encontro porán en común as demandan e decidiran que tipo de reclamacións e medidas queren tomar.

Os pais denuncian nun comunicado as 3 principais preocupacións que teñen. En primeiro lugar o feito de que para escoller algúns dos itinerarios de bacharelato sexa obrigatorio escoller relixión. O abandono do sistema Aula / Materia que asignaba un aula a cada materia e eran os rapaces os que se movían dun lugar a outro, este cambio achacouse as obras no centro para denuncian que se manterá no vindeiro curso sen ter en conta a opinión das familias e alumnos. Finalmente reclaman que se cree a coordinadora de igualdade xa que según din aplícase unha normativa machista sobre a vestimenta das rapazas chegando a culpabilizalas por ir con determinado aspecto.

Os pais fan un chamamento a todos os integrantes da comunidade educativa para que acudan a asemblea do luns e poder recuperar a excelencia educativa do centro entre todos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies