займ срочно

Oposición ao traslado do departamento de orientación de Ventín, en Ames

0

Bisbarra, 6 de maio do 2024 – Aínda sen resolver o problema do xuño lúdico, o concello de Ames abre un novo conflito ao propoñer ampliar o comedor de Ventín usando o espazo do departamento de orientación.

O colexio de Ventín tivo nos últimos anos moitas polémicas co concello. Na imaxe concentración en defensa do bedel do centro.

Unha postura que ven de provocar un novo comunicado das ANPAS de Ames que comeza “poñendo en valor o importante labor que desempeñan os Departamentos de Orientación dos centros educativos, os cales xogan un papel fundamental que ás veces, por descoñecemento, non ten todo o recoñecemento que merece”.

As ANPAS denuncian que o concello de Ames traballa cos seus servizos xurídicos para ampliar o comedor escolar usando o espazo que ocupa na actualidade o Departamento de Orientación de Ventín. Unha intención á que toda a comunidade escolar se opón.

Esta oposición trasladóuselle ao concello tanto no Consello Escolar Municipal como no Consello Escolar do Centro; en este último todos os participantes votaron en contra do plan excepto o representante do equipo de goberno.

As razóns dos pais son a falta dun espazo alternativo para o Departamento de Orientación xa que é precisamente a saturación do centro a que xustifica a construción dun novo CEIP no Milladoiro.  

Tamén poñen sobre a mesa o Informe xurídico da Consellería de Educación que indica que non se pode realizar este cambio. Dende as ANPAS instan ao Concello de Ames a “considerar solucións alternativas para a ampliación do comedor do CEP de Ventín que non impliquen deixar sen espazo ao Departamentos de Orientación dese centro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies