займ срочно

Idiota, o novo de Redrum Teatro no Principal

0

Compostela, 6 de marzo do 2019 – A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a estrea de ‘Idiota’ de Redrum Teatro, acompañada do director do espectáculo, Álex Sampayo, e os seus dous protagonistas: Machi Salgado e Susana Sampedro.

Idiota estrease hoxe mércores no Teatro Principal, ás 20.30 h, e repetirase función mañá xoves á mesma hora. Inicialmente estaba prevista tamén unha función o venres 8 de marzo pero a compañía decidiu cancelala para secundar a Folga de Mulleres prevista para ese día.

A obra é unha comedia negra escrita polo dramaturgo catalán Jordi Casanovas, que trata sobre a presión e a inxustiza que, na actualidade, exerce o sistema político e económico sobre os individuos. Está protagonizada polos actores Machi Salgado e Susana Sampedro, caras ben recoñecibles polo público galego polos seus traballos en teatro e tamén en series de televisión como “Fariña”, “Dalia a Modista” ou “El Faro”.

Unha mañá, Carlos Varela, por fin cre que a súa sorte mudou: un anuncio ofrece unha chea de cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha atractiva doutora de orixe alemá. Comezan as preguntas e comeza a comedia… Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando ao protagonista e ao público nunha perversa tea de araña.

A dirección vai a cargo de Alex Sampayo, director tamén coñecido polo seu traballo  no sector audiovisual, no que dirixiu series como “El Internado”, “Padre Casares” ou a premiada longametraxe “Schimbare” protagonizada por Candela Peña e Luis Zahera.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies