займ срочно

I Premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular para Leandro Llorente

0

Compostela, 8 de febreiro do 2019 – O I premio Internacional de Investigación en Innovación e Economía Circular recaeu en Leandro Llorente González polo seu traballo ‘Economía circular e comercio de materiais reciclables na Unión Europea’.

O xurado internacional encargado da valoración dos distintos traballos presentados destacou a “orixinalidade, calidade, actualidade, relevancia e proxección de futuro” do realizado por Leando LLorente.

O decano da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Xoán Ramón Doldán García, presidiu a entrega do premio nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín García Formoso, e do presidente do xurado e coordinador do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), Xavier Vence. Na mesma sesión tamén se fixo entrega dunha mención especial a Eduarne Suárez Lejardi polo traballo ‘Recycling discarded fishing nets as concrete reinforcement’, do que o xurado destacou a súa calidade e actualidade.

Materiais reciclables

O traballo de Leandro Llorente pretendía realizar unha contribución empírica ao estudo da economía circular (EC) europea dende unha perspectiva territorial. Para logralo estudou algunhas das principais fontes de datos dispoñibles sobre a temática a nivel dos distintos Estados membro da Unión Europea.

Segundo o seu autor, os datos analizados testemuñan un baixo nivel de circularidade nas economías da UE. “Os maiores avances en termos de crecemento da EC e converxencia entre os Estados obsérvanse nos indicadores sobre a xestión de residuos e, en particular, na reciclaxe”, explica Leandro Llorente. O mesmo traballo tamén destaca unha “escasa contribución dos materiais reciclados á demanda de materias primas, ao igual que unha reducida taxa de utilización de materiais reciclados por parte das economías europeas”.

Os indicadores relativos á medición dos recursos destinados á EC deron mostra “do reducido peso que as actividades de reciclaxe e reutilización teñen en xeral nas economías europeas”. O autor alude a unha “correlación negativa entre a participación destas actividades e o PIB per capita dos Estados membro, á vez que varios dos países líderes en reciclaxe presentan unha escasa participación da EC en termos de emprego”.

Accésit

Edurne Suárez Lejardi acadou unha mención especial do xurado por un traballo no que investiga o uso de fibras de redes de pesca descartadas no océano como reforzo para formigón armado. Edurne Suárez explica que nos traballos realizados arredor deste tema acadáronse resultados prometedores sobre as propiedades mecánicas dos espécimes de cemento reforzados con fibras de Polietileno reciclado (PE), mostrando unha funcionalidade semellante comparada coas mostras que usaban fibras de Polipropileno fibrilado comercial (PP), o que significa que estas últimas –fabricados só co propósito de servir de reforzo de formigón- poderían ser substituídas polas recicladas. A autora do traballo conclúe que ademais dun impacto positivo para o medio ambiente, o uso de fibras recicladas de PE pode levar tamén a un beneficio económico para as empresas de construción, xunto cunha transición cara a unha produción máis sostible.

O premio

Este premio é unha iniciativa organizada no marco do convenio do Master DEIN coa Deputación da Coruña para promover e dar visibilidade á investigación en innovación e economía circular no ámbito académico. É destacable a alta concorrencia de autores/as de diferentes países e a elevada calidade de todos os traballos presentados. O xurado, de carácter internacional, integrárono especialistas en economía circular de recoñecido prestixio de diversos países europeos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies