Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Hostalería Compostela convocará novas eleccións

A Asociación de Hostalería prepara a convocatoria de novas eleccións para o mes de xullo para as que x se esta creando unha candidatura.
hostaleria-compostela-eleccions-slide-14-xunho-2021-(1)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 14 de xuño do 2021 – A Asociación de Hostalería Compostela prepara a convocatoria de novas eleccións para o mes de xullo.
    • Un proceso complexo

Compostela, 14 de xuño do 2021 – A Asociación de Hostalería Compostela prepara a convocatoria de novas eleccións para o mes de xullo.

Tres dos que foran presidentes da entidade, Sara Santos (Hotel Rúa Villar e Pensión Rúa Nova), José Antonio Riveiro (Café Casino e A Casa da Viña) e José Antonio Liñares (hoteis Costa Vella, Altaïr e Moure), pediron a implicación do sector para manter viva a Asociación.

Na conversa cos medios deixaron entrever que hai un proxecto formado pero que necesita unha cara visible. Consideran que a feito de que o concurso de acredores se paralizara indica que a xestión económica vai por bo camiño. A volta paulatina a normalidade fai necesario, según eles, retomar a actividade como colectivo.

Un proceso complexo

En marzo a última Xunta Directiva convocou unhas eleccións que foron suspendidas ao no presentarse ninguén. Nunha Asemblea Xeral Extraordinaria dimitiu toda a directiva que delegou, de xeito provisional, no xerente da entidade, Ramón García Seara.

Santos, Riveiro e Liñares explicaron que actualmente a entidade non está en concurso. “As débedas están sendo solventadas, lentamente, pero solventadas”, sinalaron. Afirmaron tamén que un sector como o seu, composto maioritariamente de pequenos autónomos e microempresas, necesita dun movemento asociativo forte que defenda os intereses específicos da hostalería, que fomente a formación e a innovación e que manteña unhas cordiais relacións coas distintas administracións. “Esta asociación creada hai máis de corenta anos é pioneira do asociacionismo e hoxe en día representa a 600 locais de Santiago e a súa comarca”, destacaron.

Nestes máis de corenta anos de historia milleiros de alumnos formáronse ou recicláronse nos cursos impartidos nas aulas de formación, centos de negocios abriron as súas portas asesorados polo persoal da asociación, innumerables trámites burocráticos foron facilitados aos asociados: licenzas, permisos, sancións, consultas e un longo etc. A Asociación propiciou unha case sempre fluída e produtiva interacción coas administracións e os medios, impulsando melloras para o sector a través de acordos e convenios. Tamén organizáronse de maneira exitosa multitude de actividades de dinamización do sector e de toda a cidade como o concurso Santiago(é)Tapas, a Festa das Uñas de San Lázaro ou as xornadas gastronómicas de cabra do Banquete de Conxo.

“Todo este traballo non debe caer no esquecemento”, sinalaron os expresidentes, animando a que outros hostaleiros tomen o temón que eles deixaron no seu día, fagan os cambios necesarios e “leven a nave a bo porto”. “Estamos non momento de poñernos a traballar, máis aló de enfrontamentos políticos, e superar xuntos dunha vez por todas esta pandemia”, concluíron.

Ao acto tamén asistiron os socios Javier Míguez (Grupo Las Bodeguillas) e Avelino Martínez (Restaurante O Dezaseis).

Post navigation

Previous: Desiree Domínguez, Directora do Arquivo Universitario
Next: A canteira de Teo sustitúe a mina de Touro na Alameda de Santiago

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.