займ срочно

Horario extraordinario na biblioteca Concepción Arenal da USC

0

Compostela, 4 de decembro do 2018 –  Como tódolos anos a biblioteca Concepción Arenal da USC nos campus de Santiago e Lugo iniciaron un período de apertura en horario extraordinario coincidindo coa época de exámenes.

En Santiago a Biblioteca Concepción Arenal abrirá ata as 3.00 horas ata o 16 de decembro. Deseguido, entre os días 17 e 21 permanecerá aberta as 24 horas. Nun segundo período, entre os días 3 e 6 de xaneiro volverá abrir con horario estendido, mantendo as súas portas abertas ata as 3.00 horas. Entre os días 7 e 23 de xaneiro, esta biblioteca volverá abrir de xeito continuada as 24 horas. Finalmente, do 23 ao 25 deste primeiro mes de 2019 o peche retrasarase ata as 3.00 horas.

Como reforzo ao horario extraordinario, a Sala de Lectura da Facultade de Dereito abrirá de 10.00 a 22.00 horas os días 6, 8, 9, 15 e 16 de decembro. Tamén e co mesmo horario, nas fins de semana dos días 12 e 13 e 19 e 20 de xaneiro. A este centro sumarase a biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, de reforzo os días 15 e 16 de decembro e nas fins de semana dos días 12 e 13 e 19 e 20 de xaneiro, tamén de 10.00 a 22.00 horas. A estas dúas sumarase a Biblioteca Xeral, aberta de 10.00 a 22.00 horas nas fins de semana de xaneiro (días 12, 13, 19 e 20).

No período comprendido entre os días 22 de decembro ao 1 de xaneiro as bibliotecas manterán o seu horario habitual de apertura: de luns a venres de 9.00 a 20.30 horas e en fin de semana de 10.00 a 19.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies