займ срочно

Homenaxe a Rosalía no V Convergências Portugal Galiza

0

Bisbarra, 16 de febreiro do 2019 –  A quinta edición das Convergências Portugal Galiza servirá para homenaxear a Rosalía de Castro con actos en Braga, Padrón en Compostela.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, explicou na presentación que Convergências Portugal Galiza “enmarcada nas accións de desenvolvemento da Lei 1/2014 para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, coa que a Xunta de Galicia promove as relacións cos países de fala portuguesa”. Engadiu que “A Semana Cultural de Convergências Portugal-Galiza estreita por quinto ano consecutivo os vínculos entre as dúas bandas do Miño para homenaxear a Rosalía de Castro cun amplo programa de actividades que ofrece exposicións, música, cinema, poesía, tertulias e teatro nas localidades de Braga (Portugal), Padrón e Santiago de Compostela”

Convergências Portugal Galiza está promovido pola formación Canto D’Aqui e polo Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta de Galicia, co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, da Casa de Rosalía (Fundación Rosalía de Castro) e do Concello de Santiago de Compostela.

5ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza

A semana cultural abriuse en Braga coa inauguración da mostra Letras Galegas na biblioteca Lucio Craveiro, que se poderá visitar ata o vindeiro 28 de febreiro. Mañá domingo día 17, o Espaço Vita bracarense acollerá o concerto Convergências no Rio Minho, dan man da Banda Municipal de Santiago de Compostela e Canto D’Aqui. O luns 18, a Casa dos Crivos acollerá a presentación do filme Dhogs. O martes 19 celebrarase a 1ª Noite do Fado Convergente en Braga, coa participación de Adriana Moreira, Iria Estévez, Liliana Macedo, Artur Caldeira e Daniel Paredes. Xa o venres 22, o Teatro Sá de Miranda acollerá a representación de D.E.P. (Descanse en paz), da man de Malasombra Producións, e o sábado 23 o concerto central da galega Uxía, con Celina da Piedade como artista convidada, no Theatro Circo bracarense. 

Parellamente, Galicia acollerá na fin de semana do día grande de Rosalía, na capital galega, o concerto de Primo Convexo na Gentalha do Pichel, o venres 22, e o de Tributo a José Afonso no Teatro Principal, o sábado 23; e en Padrón, o concerto de peche de Tributo a Rosalía de Castro no auditorio da Casa de Rosalía, da man de Canto D’Aqui e Iria Estévez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies