займ срочно

Hemos venido a darlo todo, o novo de Voadora, no Principal de Santiago

0

Compostela, 31 de xaneiro do 2019 – Voadora estrea no Teatro Principal, baixo a dirección de Marta Pazos, Hemos venido a darlo todo, unha declaración de principios xa desde o título.

Voadora pon sobre o escenario a dramaturxia de Fernando Eelde para mostrar toda a súa experiencia. Hemos venido a darlo todo é unha mostra do traballo de esta compañía con elementos como o movemento, a música e as imaxes.

En palabras da compañía: “ Un compromiso co teatro que se sinte, máis que co que se pensa, para o que precisamos de todos os vatios, todo o talento e toda a imaxinación do mundo. Queremos asinar co aquí e o agora, co inesquecible e con todas esas cousas que o espectador non pode atopar en ningún sitio mais que nunha sala de teatro.”

Dirección: Marta Pazos, Dramaturxia: Fernando Epelde, Intérpretes: José Díaz, Hugo Torres e Marta Pazos Música: José Díaz e Hugo Torres, Escenografía: Marta Pazos, Deseño iluminación: Nuno Meira, Axudante de dirección: Carmen Triñanes, Produción: Jose Díaz, Asistencia de produción: Liza G. Suárez

CLUB C! afonda na experiencia cultural de compostela

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais composteláns. Relacionados coa función ‘Hemos venido a darlo todo’ o club C! ofrece unha #posfuncion e un #obradoiro

#Posfuncion de ‘Hemos venido a darlo todo’ Ao remate da función de venres 1 de febreiro, e unha vez que cae o pano, a convidada Anna R. Figueiredo e os elencos artísticos conversarán co público asistente.

Anna R. Figueiredo (Ourense, 1979) é profesora de física e tecnoloxía no ensino secundario. Ten recibido premios no eido literario e coloborou en banda deseñada. ‘Os bicos feridos’ (Premio Viadutos de Novela 2018) é a súa primeira novela

#Obradoiro multiplica. Manifesto Voadora. Obradoiro de linguaxe escénica a través do movemento, a imaxe e a música. Impartido por Voadora o sábado, 2 de febreiro de 11:00 a 14:00 h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. Prazas esgotadas.

Información da billeteira: 12 € (descontos habituais do 50%). Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies