займ срочно

Encontro sobre xénero e sexualidade co grupo de novas masculinidades da USC

0

Compostela, 21 de xuño do 2017 –  O grupo da USC ‘Novas masculinidades para o cambio social’ convoca este xoves 22 a un encontro que pretende ser o primeiro dun espazo de debate e reflexión crítico sobre o xénero e a sexualidade.

A xuntanza, aberta a calquera persoa interesada, terá lugar ás 16:30 horas no Instituto de Ciencias da Educación (Avenida das Ciencias, Chalet Nº3).

A xuntanza pretende tamén, asegura o seu responsable, o profesor Jorge Marín, “contribuír á deconstrución dun coñecemento de corte androcéntrico e misóxino que lexitima a definición dos nosos corpos en categorías identitarias totalizadoras”.

O grupo de Novas Masculinidades busca desmontar o paradoxo do ‘home’ como arquetipo neutro do humano e estudar cómo están suxeitos a unha normatividade “opresora” que os converte a eles mesmos “en vítimas do seu propio discurso”, aseguran.

“En tanto que categoría social definida polo poder –explica Marín–, o ‘home’ debe executar todas as expectativas do rol masculino co temor a ser devaliado do seu ‘estatus’ se fracasa no intento”. “Pero non todos os homes teñen o mesmo acceso ao poder que o patriarcado lles atribúe e, por tanto, os diferentes estratos da masculinidade cohabitan nunha constante competición por conquistar o mito do que é ser ‘un home de verdade’”, explica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies