займ срочно

O goberno municipal e o Psoe de Ordes a voltas co heliporto e o Pxom

0

Ordes, 19 de agosto do 2017 –  Goberno municipal e Psoe de Ordes líanse nunha discusión sobre si hai sitio ou non no Pxom para o heliporto.

Hai tres días contábamos que o Psoe de Ordes reclamaba un heliporto xunto ao Centro de Saúde de Ordes e agora o propio grupo socialista emite un comunicado no que explica que ” o goberno municipal eliminou o heliporto nas inmediacións do centro de saúde nos planos do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Esta infraestrutura si estaba prevista nos planos anteriores á aprobación do documento e finalmente desapareceu, unha das razóns que levou ao grupo socialista a non aprobar o documento”. Os socialistas emprazan no escrito ao goberno municipal a aclarar si hai sitio ou non e a que solicitaran a infraestrutura de inmediato.

 O goberno de José Luís Martínez rexeitaba pola súa banda as declaracións dos socialistas que cualificaba de erros ” Ante as erróneas informacións vertidas en distintos medios dixitais debido aos datos aportados polo grupo socialista local, o Concello de Ordes vese na obriga de aclarar que o actual PXOM (aprobado inicialmente en marzo de 2016 coa abstención de dita formación política) si inclúe espazo reservado para a construción dun heliporto. Concretamente trátase dunha parcela de 15.683 metros cadrados clasificada como solo urbano non consolidado, situada xusto a carón do centro de saúde”.

 O equipo de goberno lembra tamén no comunicado que o Pxom saíu adiante en esta lexislatura despois de dez anos de tramitación que supuxeron 100.000 euros de gasto para a economía de Ordes. Oomunicado engade que ” Foi en marzo de 2016 cando en sesión plenaria, e grazas ao voto favorable do BNG, o dito plan, que xa contemplaba esta instalación, puido reactivarse a pesar da oposición dos socialistas ordenses”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies