займ срочно

Gintonic trae a Compostela novas composicións

0

Compostela, 14 de setembro do 2017 – A cabalo entre o rock progresivo e o jazz, a banda Gintonic visita esta semana o campus de Santiago para presentará as súas composicións.

Según Gintonic as súas cancións están construídas na procura “dun equilibrio entre a improvisación e o arranxo escrito”. A cita é hoxe xoves ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade.

O repertorio desta formación confórmano integramente temas propios cun especial “apego á melodía, os arranxos complexos e enraizados na tradición da música de cámara, a improvisación e a busca de variedade nos timbres e efectos sonoros por medio de sintetizadores, pedais ou filtros, entre outros”. O resultado, como eles mesmos adiantan, “é unha música fresca e contundente que conecta facilmente cunha ampla variedade de público”.

Gintonic mantén unha constante actividade concertística e ten realizado concertos en infinidade de pequenos locais así como en teatros e festivais. A banda gravou os discos ‘Gintonic’ e ‘Gintonic 2’ coa compañía discográfica AusArt Records. Os seus catro compoñentes son profesores de música en diferentes centros académicos: Mario Clavell (frauta e EWI); Aurkene Núñez (teclados e voz), Ricardo Cantera (batería); e Marcelo Hormaechea (baixo eléctrico).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies