займ срочно

Descobren un posible castro non catalogado no concello de Trazo

0

Trazo, 10 de marzo do 2022 – A Asociación Gentalha do Pichel descubriu no concello de Trazo o que poderían ser os restos dun antigo castro.

Plano hipsométrico do Castro da Devesinha

A asociación lembra que na bisbarra de Compostela hai perto de cen castros “totalmente ignorados”. Critican tamén a desidia con respecto ao patrimonio prehistórico comparado coa protección que recibe todo o que ten que ver co xacobeo.

Plano do voo américano dos anos 56 – 57 do século pasado

O achádego

A Asociación Gentalha do Pichel articúlase en distintas seccións. Un dos membros da que traballa en todo o relativo á historia foi o que nun paseo descubriu este posible castro.

Trátanse dunha serie de estruturas situadas no lugar de Tetemile, na parroquia de Chaián do concello de Trazo. Os restos sitúanse nunha esplanada a uns 270 metros de altitude cerca da iugrexa parroquial de Santa María de Chaián.  

O castro semella parcialmente derrubado aínda que en bo estado polo leste. Accedese sen problemas polo lado norte e ocupa unha superficie circulas duns 120 metros.

Castros na comarca

Desde a Gentalha engaden que o concello de Trazo ten 17 castros catalogados. Estas construcións corresponden a un período histórico que vai da idade do bronce, en torno ao 1.800 antes de Cristo, ata a Idade Media xa no século VI.

A Asociación xa informou tanto a Dirección Xeral de Ptrimonio CUltural da Xunta de Galicia e ao concello de Trazo. Explican que a catalogación é o primeiro paso para a protección aínda que reclaman a súa posta en valor e difusión co resto dos castros do concello.

A Asociación pide tamén que se abandone o que cualifican de “monocultivo cultural e turístico arredor do Caminho de Santiago e da catedral” e se estuden, protexa e difunda todo o patrimonio prehistórico ou o industrial da comarca.

A Gentalha desenvolve toda a sua actividade desde o centro social O Pichel, rua de Santa Clara, 21, Compostela, Ten tamén unha web  gentalha.org e organiza habitualmente concertos, palestras, cursos de baile e música tradicional e outros eventos de todo tipo. A Asociación Gentalha do Pichel forma parte ademais da Rede do Patrimonio Cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies