Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Trazo
  • Xeral

A Deputación arranxa as estradas afectadas polas obras do rego Gatofero en Trazo

A Deputación adxudicou as obras de reparación das estradas afectadas polas obras de construción da ponte sobre o rego Gatofero, en Trazo.
deputacion-rego-gatofero-slide-11-maio-2019_r

Bisbarra, 19 de xuño do 2023 – A Deputación da Coruña adxudicou por 156.748,16 euros as obras de reparación das estradas afectadas polas obras de construción da ponte sobre o rego Gatofero, en Trazo.

As actuacións relacionadas coa ponte sobre o Gatofero levaranse a cabo en dous tramos. O primeiro desde Ponte Albar a Chaián (2,4 quilómetros), un itinerario no que se repararán fochancas e afundimentos ocasionados polo incremento do volume de tráfico neste vial. Tamén se realizará un dobre tratamento superficial en toda a plataforma.

Así mesmo, repararase a canalización danada, un tramo de beiravía e, para completar a actuación, instalarase sinalización horizontal e vertical.

Por outra banda, realizaranse tarefas de acondicionamento da vía que conecta o cruzamento de Chaián coa ponte sobre o Río Tambre, ao longo de 1,3 quilómetros. A plataforma, que contaba cun pavimento de mestura bituminosa en quente, será obxecto das tarefas de reparación co fresado e reposición das zonas deterioradas, estendendo finalmente un microaglomerado en frío en todo o seu ancho.

Tamén se arranxarán os sumidoiros afundidos polo paso de vehículos pesados sobre eles e o tramo de canalización afectado. Por último, refaranse un pozo e un sumidoiro e instalarase nova sinalización.

Post navigation

Previous: Goberno en minoría en Ames e coalición na Baña
Next: Adega pídelle aos alcaldes que apoien a loita contra os eólicos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.