займ срочно

Acordo de colaboración entre a Fundación do Campo Galego e o Mercado Gastronómico La Galiciana

0

Compostela, 8 de agosto do 2019 – O Mercado Gastronómico La Galiciana ven de firmar un acordo de colaboración coa Fundación do Campo Galego co obxectivo común de seguir promocionando o patrimonio e os produtos da nosa terra.

Polo local de Santiago pasou o actual presidente da Fundación do Campo Galego, Ángel Jove, para asinar o acordo co responsable do Mercado Gastronómico, Benigno Sánchez.

acordo galiciana fundacion campo galegoLa Galiciana colaborará na difusión na rede do traballo da Fundación cedendo a imaxe de Barri, un tractor que servirá para difundir o valor do campo galego e do produto de proximidade. O local de Santiago exhibirá ao longo do tempo distintas pezas da colección que se inaugurará, no outono, no recinto da Semana Verde de Galicia.

Obxectivos similares

La Galiciana e a Fundación do Campo Galego mostran con este acordo a coincidencia de obxectivos. Ambas as dúas entidades buscan a promoción do campo galego como motor económico do país e como patrimonio a conservar. A exposición no local dun tractor da marca Barreiros é un símbolo de eses obxectivos; unha ferramenta fundamental para o traballo no campo dunha marca creada por un galego e que se converteu nunha icona da automoción.

Esta colaboración serve tamén para difundir o valor do produto de proximidade. A maioría dos pratos que se elaboran en La Galiciana saen de produtores da contorna, unha liña que define o espírito do local.

Barri

Na actualidade La Galiciana traballa no desenrolo multimedia de Barri. Será un tractor Barreiros que, tras a xubilación, comeza a colaborar como guía para mostrar a historia e patrimonio do rural Galego.

Nunha primeira fase comezará a aparecer nas redes sociais pero xa se traballa en proxecto de máis calado nos que Barri será o protagonista.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies