Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Reportaxes

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

As tabernas son o epicentro de moitas aldeas, a camiño entre un local social e a sala de festas. Frebas, Amoado e A Ostrería son as tabernas da Praza,
Nave-5-Maika-Couto-y-Ramon-Barreiro_7437-slide_r

A Praza de Abastos de Compostela é unha pequena Galicia na que atopar moito do que nos define como pobo. As tabernas son o epicentro de moitas aldeas, a camiño entre un local social e a sala de festas. Frebas, Amoado e A Ostrería son as tabernas da Praza,

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaEstes locais tan particulares naceron xa con ese sentimento de aldea. O  traballo como xerentes de Maica Couto e Ramón Barreiro o reivindica e actualiza. Que non se engane o lector, nas tabernas, ademais do mellor produto, está en moitas ocasións a mellor cociña.

Lindeiros fala con Maica e Ramón que son os primeiros en poñer sobre a mesa as súas orixes de aldea. Veñen de San Tomé de  Obra en Vila de Cruces e San Miguel de Vilar en Touro, dúas aldeas que se miran desde as veiras do río Ulla. Os seus percorridos vitais ata chegar aqui son distintos pero complementarios

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/01_maica-couto-ramon-barreiro_orixes_22-febreiro-2020.mp3

Pero o percorrido de puntillas que fai Maica deixa de lado o seu paso polos locais con 3 estrelas Michelín, locais cun nivel de esixencia aos que non chega calquera

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/02_maica-couto-ramon-barreiro_os-3-estrelas-de-maica_22-febreiro-2020.mp3

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaRamón Pola súa parte é un namorado de Galicia e loitou moito tempo contra un dos nosos maiores defectos: o individualismo. Creou tantas asociacións e cooperativas que se acabou decatando de que o seu era emprender e foi entón cando apareceu a Praza de Abastos

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/03_maica-couto-ramon-barreiro_ramon-naorado-da-praza_22-febreiro-2020.mp3

A licitación das casetas da Nave 5 como locais de hostalería foi a oportunidade que Ramón precisaba para emprender esta aventura. Antes incluso de saber que faría en eles porque para iso xa estaba Maica… aínda que ela non o soubera

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/04_maica-couto-ramon-barreiro_unha-aposta-forte-desde-cero_22-febreiro-2020.mp3

O feito de ter tres locais diferenciados nace coa intención de manter o concepto de Praza, un mercado que ao mesmo tempo é un escaparate do produto que vende. A oferta de Frebas, Amoado e A Ostrería ten moito que ver tamén coa idea máis lúdica da da taberna

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/05_maica-couto-ramon-barreiro_tres-locais-de-tradicion-festeira_22-febreiro-2020.mp3

O traballo no día a día está influído pola personalidade de Maica e Ramón. En cada cousa que fan poñen unha reivindicación e no caso de este proxecto tratase de dignificar a profesión de hostaleiro, as veces tan denostada

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/06_maica-couto-ramon-barreiro_dignificar-a-profesion_22-febreiro-2020.mp3

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaO espazo no que traballan condiciona a ese persoal, non tanto dentro como na sala común na que se serven os pratos. Teñen que ter algo de taberneiros que están a cabalo entre a cociña e as mesas

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/07_maica-couto-ramon-barreiro_os-problemas-da-sala_22-febreiro-2020.mp3

Teñen a gala ofrecer tan só viños galegos. Buscan pequenas producións que sorprendan ao cliente e pensan que hai moito que facer dentro da viticultura galega, o primeiro que sexa rendible

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/08_maica-couto-ramon-barreirovinhos-galegos_22-febreiro-2020.mp3

Traballan coa vista posta no cliente local e iso resultou a mellor estratexia para conquistar ao turista. Os que chegan de fora desconfían polos prezos pero traballar con produtos que se venden a poucos metros fai que todo sexa máis honrado e pouco a pouco o visitante acaba por claudicar

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2020/02/09_maica-couto-ramon-barreiro_a-sorpresa-dos-turistas_22-febreiro-2020.mp3

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaVisitar Frebas, Amoedo e A Ostrería é unha experiencia moi especial. Xa sexa polo trato que un recibe, polo lugar no que está ou polos pratos que ofrecen, volver convertese nunha obriga. En Lindeiros queremos falar de como nacen e que alma teñen os locais; por poder poderíamos escribir incluso máis dos pratos que probamos.

Desde unha empanada “desestructurada” feita a base de filloa frita e peixe do día ata un codillo servido con guacamole, col e pico de gallo acompañado de tortillas caseiras de millo para elaborar unha sorte de tacos mexicanos moi galegos; desde uns calamares sobre unha cama de maionesa cítrica ata unhas alcachofas en sala de ovo; torreznos, mexilóns, ostras… as tabernas da Praza de Abastos están á altura, en algún caso por riba, dos mellores locais de hostalería da cidade.

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

 

 

Post navigation

Previous: Mandingo escribe sobre Bombshell, unha escura historia sobre o acoso sexual nos medios de comunicación
Next: Máis de 1.200 persoas no Entroido de Oroso

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

compostela troca e retocra 29 xullo 2026
4 minutes read
  • Xeral

Compostela terá un banco de recursos para a infancia

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

Un dos taxis que se usan en Santtiago
3 minutes read
  • Xeral

Concurso para outorgar licencias de taxi en Santiago

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.