займ срочно

Frades organiza un campamento de conciliación gratuíto para nenos e nenas de 4 a 12 anos

0

Frades, 10 de abril do 2019 – O Concello de Frades vén de presentar o seu programa especial de actividades para esta Semana Santa, dirixidas a facilitar a conciliación familiar da veciñanza durante os días de vacacións escolares.

Do 15 ao 17 de abril terá lugar un campamento de conciliación matutino gratuíto, así como un contacontos musical para a tarde do mércores e unha excursión a Santiago de Compostela para a xornada do martes 16, única actividade de pago. En todos os casos é preciso que as persoas interesadas en participar se inscriban no Concello de Frades ou chamando ao 981 695 567 ou 981 695 663.

O campamento de Semana Santa terá lugar no multiúsos de Frades os días 15, 16 e 17 de abril, en horario de 9:30 a 13:30 horas. Trátase dunha actividade gratuíta e dirixida a nenos e nenas a partir dos catro anos, que desfrutarán de diversos xogos e obradoiros. O número de prazas é limitado, polo que as asignacións realizaranse por rigorosa orde de inscrición. O prazo de anotación remata o venres 12 de abril. Unha actividade organizada polo Concello de Frades e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Actividades paralelas

A maiores, o Concello de Frades ten programadas outras dúas actividades paralelas. A primeira será unha excursión a Santiago de Compostela o martes 16 de abril, con saída do Concello ás 10:00 horas, que inclúe unha visita ao recentemente estreado parque de saltos en camas elásticas Urban Planet (Área Central) e un percorrido polo Museo de Historia Natural, previo xantar en Compostela.

O prezo da actividade, xantar incluído, é de 18 euros para persoas empadroadas e de 22 euros para non empadroadas, sempre que se inscriban no Concello antes do 10 de abril. As crianzas menores de 12 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta, mentres que para a mocidade de entre 12 e 18 anos bastará cunha autorización asinada pola súa familia ou titores.

Finalmente, o mércores 17 de abril, ás 16:30 horas, o multiúsos de Frades acollerá “Cores, contos e Rock´n´Roll”, un espectáculo que combina música e contacontos da man de Pakolas e Laura Romero. Unha actuación completamente interactiva na que Pakolas porá a música mentres que Laura Romero contará contos e historias facendo debuxos en directo. O Concello de Frades porá unha merenda con chocolate para todas as persoas asistentes.

A actividade é totalmente gratuíta, se ben por razóns de organización é preciso anotarse no Concello de Frades antes do 12 de abril. As crianzas menores de 4 anos deberán ir acompañadas dunha persoa adulta. Unha actividade organizada polo Concello de Frades, que conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies