Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades
  • Xeral

Frades píde o traslado da doutora de Abellá farto das súas ausencias e actitude  

Frades aprobou unha moción en defensa da calidade da sanidade no municipio e solicitando melloras para o consultorio de Abellá.
frades-consultorio-abella-slide-4-outubro-2023_r

Bisbarra, 4 de outubro do 2023 – O Pleno de Frades aprobou por unanimidade unha moción en defensa da calidade da sanidade no municipio e solicitando melloras para o consultorio de Abellá.

Se inicialmente a moción, presentada polo socialistas, instaba á Xunta de Galicia a mellorar a sanidade en Frades e a que o Concello solicitara unha reunión dos tres grupos municipais co conselleiro de Sanidade, o Grupo de Goberno do PP foi máis aló e incluíu dous novos puntos.

Por unha banda solicitar da Xunta de Galicia o traslado a outro centro de saúde da actual facultativa do consultorio de Abellá onde as súas circunstancias causen menos trastornos. Ao mesmo tempo  instar á Consellería a que, de non ser posible o traslado, cubra as continuas baixas da facultativa.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, fixo fincapé en que “gran parte do problema da sanidade en Frades xira en torno a esta facultativa e o seu dereito de poder prestar seis meses de servizo no Exército no momento que ela elixa”. Durante ese tempo, o consultorio de Abellá ten que ser atendido por médicos de substitución que envíe o Sergas ou, directamente, ten que pechar e derivar aos pacientes ao centro médico de Ponte Carreira.

Unha situación que nestes momentos é especialmente delicada, pois coincide coa xubilación do médico de Ponte Carreira, despois de 33 anos no posto, e a saída da súa praza a concurso neste mes de outubro.

O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, advertiu “O problema é que, ademais de haber falta de médicos, ningún MIR quixo vir cubrir a xubilación de don Juan neste verán. E agora sae a praza en outubro. Unha praza que pensamos que pode ser atractiva pero que, coa situación desta profesional, temos medo de que non queira vir ninguén”. A persoa que asuma a praza de Ponte Carreira tería que atender tamén aos pacientes da súa compañeira de Abellá cada vez que esta marche a Cádiz a prestar servizo no Exército.

Unha situación que foi compartida por socialistas e nacionalistas, que coincidiron en destacar que a actitude desta facultativa e o cambio continuo de médico de cabeceira causan malestar entre a veciñanza de Abellá. “A Xerente da Área Sanitaria de Santiago estivo en Frades recentemente e falámoslle da situación, como fixemos tamén na reunión co conselleiro, e aínda que falou con ela non foi posible o acordo.

Iso si, a xerente chamoulle a atención sobre a maneira na que estaba tratando aos pacientes”. Neste sentido, os pacientes que levaba ela todo o ano tiñan cita nun par de días e os demais tiñan que agardar máis dunha semana. O alcalde exemplificou a falta de empatía da profesional coa veciñanza en que cando pide máis formación quere trasladarse a facela Cádiz, non en Frades.

Finalmente, o alcalde comprometeuse a solicitar esta semana unha reunión co conselleiro de Sanidade para que os tres grupos municipais poidan darlle conta da situación da sanidade no municipio e lembrou que na anterior xuntanza se acordou que neste mes de outubro se cubriría a praza de Ponte Carreira.

Convenio e Modificación

Previamente, o Pleno aprobara cos votos a favor do PP e as abstencións do PSOE e BNG, unha modificación de crédito de 75.475 euros para vías e obras, limpeza viaria, transporte, alumeado e traballos de empresas. Uns cartos que serán financiados principalmente cos recortes dos dous soldos de persoal A2 de dous profesionais, que non incorporados este ano, e de parte do soldo da secretaria municipal, que neste pleno rematou o seu traballo como secretaria acumulada. O alcalde de Frades agradeceu o gran traballo realizado por Angela  Viqueira Allo nestes meses no municipio e fíxolle entrega dunha reprodución da casa consistorial.

Así mesmo, o Pleno ratificou o convenio co Concello de Ordes para solicitar conxuntamente os Fondos de Compensación Ambiental, que permiten o mantemento dunha brigada que acomete traballos de roza e ambientais durante todo o ano en ambos os dous municipios. Ademais, solicitóuselle unha subvención de 60.000 euros á Consellería de Medio Ambiente para a realización destas tarefas. A proposta foi ratificada cos votos a favor do PP e as abstencións de PSOE e BNG.

Amnistía e ensino

Finalmente, na quenda de mocións aprobouse unha presentada polo PP contra a Lei de Amnistía, na que os tres grupos municipais se limitaron a dar lectura aos respectivos argumentarios dos seus partidos políticos. A moción saíu adiante cos votos a favor do PP e os votos en contra de PSOE e BNG.

A que non foi aprobada foi a outra moción tipo, presentada neste caso polo PSOE, sobre o deterioro da calidade do ensino no rural galego e, por extensión, en Frades. O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, rebateu todas as cifras chegadas polos socialistas coa situación do ensino en Frades, demostrando que si se compren as ratios no municipio. A proposta decaeu cos únicos votos a favor do PSOE, xa que o PP votou en contra e o BNG optou pola abstención.

Post navigation

Previous: Piden un pleno extraordinario sobre a recollida de lixo en Ames
Next: Alcaldes: Anxo Arca, Padrón

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.