Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Frades
  • Xeral

Frades abre inscricións na Carreira Pedestre Popular

O Concello de Frades convoca a novena edición da súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar na mañá do mércores 1 de maio.
frades-carreira-popular-slide-3-abril-2024-(2)_r

Bisbarra, 3 de abril do 2024 – O Concello de Frades convoca a novena edición da súa Carreira Pedestre Popular, que terá lugar na mañá do mércores 1 de maio.

A proba, organizada polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo, terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira e unha lonxitude de 8,6 quilómetros na súa categoría absoluta.

A proba está incluída no IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña. As inscricións, gratuíta para escolares e  5 € para o resto de categorías, poden realizarse a través de www.emesports.es ata o 28 de abril

As anotacións nas probas escolares son totalmente gratuítas (é dicir, sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e sub 18) mentres que os demais atletas (sub 20, sub 23, senior e Master 1, 2, 3 e 4) deberán achegar 5 euros. O prazo de inscrición estará aberto ata as 23:59 horas do 28 de abril. Non se admitirán inscricións fóra dese prazo.

Premios

Frades destina un total de 1.930 euros en premios para os cinco primeiros clasificados da categoría absoluta (250, 150, 100, 75 e 50 euros), tanto na categoría masculina como feminina; así como para os tres mellores equipos (150, 100 e 50 euros).

A clasificación por clubs será establecida a través da suma dos puntos acadados polos seus 8 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. A maiores, repartiranse vales de 100, 50 e 30 euros para os clubs que máis participantes achegue á categoría escolar, vales que poderán cambiar por material deportivo.

Ademais dos premios en metálico, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto para homes como para mulleres. O Concello de Frades tamén entregará trofeos especiais aos tres primeiros equipos masculinos e femininos, así como para os tres primeiros clasificados/as empadroados/as en Frades. Así mesmo, haberá medallas para todos os participantes escolares. Os trofeos non serán acumulativos, agás os correspondentes aos atletas locais.

Só se admitirá a participación de clubs federados nos premios en metálico, que terán que presentar o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou, no seu defecto, da Delegación correspondente. Na confección do Club non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubs nin filiais do mesmo. Ademais, os equipos poderán ser masculinos ou femininos, non mixtos.

Paula Mayobre é a dominadora absoluta desta proba, que gañou en cinco das súas oito edicións (só quedou segunda en 2016, tras Ester Navarrete, e non participou nas edicións de 2022 e 2023, que gañaron Edymar Daniely Brea e Sandra Mosquera). Pola contra, na proba masculina só Lolo Penas e Nuno Costa, foron quen de inscribir o seu nome dúas veces entre os gañadores. O resto de triunfos foron para Víctor Rioboo, Hassan Lekhili,  David Santos e o actual campión Pablo Bocelo.

Probas

A IX Carreira Pedestre Popular Concello de Frades desenvolverase a partir das 10:00 horas do 1 de maio na contorna da praza pública de Ponte Carreira. A proba principal, con saída ás 11:30 horas, percorrerá 8,6 quilómetros nunha ruta que combina asfalto e terra e que terá saída e chegada na praza pública de Ponte Carreira. Os atletas correrán cun Chip que lles será entregado no momento de recoller o dorsal e que deberán entregar unha vez crucen a meta. Os dorsais poderán recollerse na Secretaría da Competición, na praza de Ponte Carreira, ata media hora antes da proba. Haberá servizo de vestiario e de duchas a disposición de todos os atletas no polideportivo municipal.

As probas escolares darán comezo ás 10:00 horas coa categoría Sub 18 e Sub 16, que percorrerán 3 km. Ás 10:30 horas terá lugar a saída dos Sub 14, para percorrer 2 km, seguidos dos Sub 12 e Sub 10 (800 metros), Sub 8 (300 metros ou unha volta á praza). A proba principal sairá ás 11:30 horas.

A IX Carreira Pedestre Popular Concello de Frades está organizada polo Concello de Frades e a Federación Galega de Atletismo. Conta coa colaboración de: Deputación da Coruña, Cooperativa Leiteira de Frades, CLUN, Gofer Frutas Ordes, Froitería A Nova, Nutri Sport, Sportec Ordes, Erimsa, Supermercado Claudio María Vázquez Pardo, Pepsico, Camba Distribuciones SL, Centro de Fisioterapia y Rehabilitación Jessica Gómez, Supermercado Tandy, Bar Vilariño, Toribio Viqueira, Imprenta Alpi, Garabato de Xogos, Artio e Carreiras Galegas.

Post navigation

Previous: Plan estratéxico da Deputación para as estradas provinciais
Next: Primavera de Cultura en Arzúa

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.