займ срочно

Fontiñas mobilízase para defender o parque Begoña Caamaño

0

Compostela, 16 de marzo do 2021 – A intención do concello de ceder unha parcela no parque Begoña Caamaño ao IMELGA mobiliza aos veciños de Fontiñas.

Esta tarde está previsto celebrar unha reunión, 18:00 horas, na praza da República oriental de Uruguai. O motivo e debater a cesión dunha parcela para a instalación do Instituto de Medicina Legal no parque Begoña Caamaño de Fontiñas. A parcela esta situada precisamente no espazo arborado que está entre a praza da convocatoria e o regato que atravesa o parque.

Os convocantes teñen como obxectivo defender acciones encamiñadas á “consolidación do parque como espazo de lecer e de encontro dos veciños e veciñas”. Na reunión farase un repaso dos antecedentes e da situación actual ademais de explicar as consecuencias da construción do IMELGA no parque.

Explicaranse tamén as accións levadas a cabo ata o momento e propostas de medidas a tomar previas ao pleno municipal do Concello de Santiago previsto para o vindeiro xoves 25 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies