Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Convocada unha folga indefinida de ambulancias na bisbarra de Compostela

Os despedimentos en Ambulancias do Atlántico veñen de provocar a convocatoria dunha folga iondefinida no sector a partir do 28 de marzo.
cig-ambulancias-slide-18-marzo-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 10 de marzo do 2022 – Os despedimentos en Ambulancias do Atlántico veñen de provocar a convocatoria dunha folga iondefinida no sector a partir do 28 de marzo.
    • Despedimento en Ambulancias do Atlántico

Bisbarra, 10 de marzo do 2022 – Os despedimentos en Ambulancias do Atlántico veñen de provocar a convocatoria dunha folga iondefinida no sector a partir do 28 de marzo.

CIG Compostela convoca a folga na UTE Casamblanca y otros que engloba a Ambulancias do Atlántico, Ambulancias Casablanca, Ambulancias do Nordés, Ambulancias Ortigueira e Ambulancias Quiroga. Esta unión temporal é a concesionaria do servizo de transporte sanitario urxente na área sanitaria de Santiago.

Despedimento en Ambulancias do Atlántico

O detonante de esta convocatoria é o despedimento dun traballador na base de Ambulancias do Atlántico de Santiago. Desde o sindicato CIG explícase que “tras 3 semanas de mobilizacións e reunións coas diferentes empresas e diante da falla de solucións a esta situación as asembleas de traballadoras e traballadores acordaron a convocatoria dunha folga indefinida en toda a UTE”.

Os traballadores reclaman a readmisión do despedido e o cumprimento de todos os acordos que desde o inicio do concurso existen nesta área  sanitaria.

Consideran o despedimento  “totalmente inxustificado, foi comunicado o pasado 15 de febreiro ao traballador sumándose a outros catro que na semana anterior se produciran en Vigo”.

Xa se realizaron diversas accións de protesta, tanto en Mos como en Santiago, onde mesmo se desenvolveu unha manifestación que fixo un percorrido desde o SERGAS, pasando pola base de Ambulancias do Atlántico até a sede da UTE, responsabilizando a administración e as empresas dunha situación que desde a central sindical se considera inaceptable.

Desde a CIG anuncian un conflito longo e duro de non acadarse unha solución que unicamente pasa pola readmisión. En Vigo, o comité de empresa ten previsto celebrar unha asemblea o sábado para decidir se tamén se convoca folga, neste caso só en Ambulancias do Atlántico, porque alí ten a concesión en solitario, que podería confluír coa convocatoria de Santiago.

Post navigation

Previous: Muros acolle a presentación do libro “Cultura del marisqueo en la Ría de Muros-Noia”
Next: Arzúa, Melide,  Santiso, Toques  e Vilasantar  solicitarán axuda para un centro de atención temperá

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.