займ срочно

O Festigal enche o Campus de Compostela de música

0

Compostela, 24 de xullo do 2018 – Un ano máis o Festigal chega ao Campus de Compostela con dous días cheas de propostas diferentes en torno a cultura máis galega.

O Festigal naceu, en palabras da organización “como festa nacionalista para erguer a bandeira da defensa da liberdade e da diversidade desde unha perspectiva propia de creación artística e, nesta edición, incidirá na involución de dereitos democráticos que impón o Estado español con censura e persecución de manifestacións culturais e políticas. O cartaz mantén dunha maneira simbólica o nome do rapeiro balear Valtònyc, que anunciou o seu exilio para evitar a condena a cárcere imposta polas letras que canta”.

Programación

A noite do 24 de xullo abrirá a festa DJ Bambooh (22:30 h.); seguirá The Lelli Kelly’s (23:30 h.), o grupo gañador do concurso “Novos Valores” con toques rockeiros; logo actuarán Ses & Banda (00:20 h.), co seu novo disco “Readmirando a condición”; e o grupo de rap galego Rebeliom do Inframundo (2:30 h.), que chegarán desde Ponteareas para pór a moverse a todo o Festigal coas súas letras cheas de crítica política.

A Comisión Festigal, Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre traballan durante todo o ano para ofrecer un festival de calidade, participativo e igualitario. O Festigal demostra, un ano máis, o compromiso co coidado do medio ambiente mediante o uso de vasos de material reciclado e reutilizábel, ademais de dispor dun punto de atención sanitaria e puntos de alerta feminista contra acoso e violencia de xénero. Trátase dun espazo de convivio e cultura que goza dun gran recoñecemento e debe ser tamén reflexo da tolerancia cero co machismo e a LGBTIfobia. Por iso é imprescindíbel reclamar que nesta “festa da liberdade” hai espazo para todas as persoas, sexa cal sexa a súa orixe, xénero ou identidade sexual.

No 25 de xullo, no café concerto haberá unha representación de L’Estaca, de Lluís Llach, e actuarán Os Viqueiras de Ordes e Cabezudos (17:00 h.) Sonia Lebedynski (19:00 h.) A Banda da Balbina (21:00 h.). Contarase cunha galería de Ideas, galería de Letras, espazo para asociacións, tendas de artesanía, espazo infantil, espazo gastronómico e zona de acampada.

Nesta edición do Festigal cóntase coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela, Concello de Pontevedra, Deputación da Coruña, Deputación de Pontevedra e Universidade de Santiago de Compostela, entre outras entidades e organismos, ademais da axuda voluntaria de máis de 200 persoas que fan posíbel este evento cultural dos máis importantes de Galiza

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies