Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Arzúa
  • Axenda
  • Xeral

Todo preparado para a XLIX Festa do Queixo de Arzúa

Este venres comezan os tres días principais da 49º edición da Festa do Queixo de Arzúa.
festa-do-queixo-de-arzua-slide-29-febreiro-2024-(1)_r

Bisbarra, 20 de febreiro do 2024 – Este venres comezan os tres días principais da 49º edición da Festa do Queixo de Arzúa.

Concertos, obradoiros, un pregón a cargo da actriz María Vázquez e por suposto unha feira na que atopar todos os queixos que un poida imaxinar. A Festa do Queixo de Arzúa ofrecerá ademais os concertos de música pop o sábado e máis folquis o domingo.

A presentación oficial tivo lugar hai unha semana e nela o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, destacou a importancia da Festa do Queixo non só para a vila se non para toda Galicia. Carril destacou que “o evento non e só unha exposición de produtos lácteos, senón unha experiencia para compartir coñecementos e unha ocasión para degustar e desfrutar de produtos gastronómicos propios e alleos”.

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa Ulloa, José Luís Lamas, puxo en valor a colaboración dos produtores que aportan 200 quilos de queixo para os obradoiros e agasallos e destacou a colaboración no concurso de pinchos no que participan 16 establecementos.

María Vázquez

Lamas engadiu que o ano pasado bateuse un récord xa que se venderon máis de catro millóns de euros en queixos. Destacou ademais que desde que a certificación comezou no 1997 a denominación leva colocados no mercado máis de setenta e cinco millóns de quilos de queixo. Estes datos a converten a primeira DOP en produción e venda en Galicia e a primeira en queixos elaborados de vaca en España.

Programación

O director do Festival do Queixo, Alberto Alonso, encargouse de presentar a programación máis musical da Festa. A Festa do Queixo de Arzúa contará con 7 actuacións entre sábado e domingo, 5 galegos e dous estatais. O sábado Tu Futura Exmujer, gañadores do ‘Queixo Maquetón’ (21:30 h), La Plazuela (22:25 h), Arde Bogotá (00:20 h) e Grande Amore (02:05 h).

O  domingo De Vacas (12:30 h) Guadi Galego (18 h) e Fillas de Cassandra (19:50 h).

Alonso fixo fincapé no sistema de acceso, que como o ano pasado será de balde  ate completar o aforo de  3.300 persoas, e rematou agradecendo ao Concello contar novamente co seu traballo e animou a todos a asistir e desfrutar.

O ex alcalde e concelleiro de cultura de Arzúa, José Luís García, agradeceu o apoio dos traballadores que supliron as súas ausencias, xa que por motivos de saúde non estivo ao 100% na preparación desta edición. En canto ao deseño do cartel, explicou que este ano foi unha encarga debido fundamentalmente ás queixas dos profesionais, así como á vontade de dar oportunidades a deseñadores e ilustradores locais.

O Concelleiro agradeceu a axuda de EFA Piñeiral e a das empresas privadas involucradas nos cursos e promocións do queixo. “Na maioría das casas de Arzúa hai algún avó ou avoa que traballou no queixo” e destacou a importancia dar a coñecer esta tradición histórica e cultural aos cativos. Nese senso agradeceu tamén a EFA Piñeiral polas actividades que fai, a través das seccións de repostería ou marketing.

Post navigation

Previous: A Baña celebrará a Festa da Filloa da Pedra o 17 de marzo
Next: Compostela asina un novo pacto local polo emprego

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.