займ срочно

Feira de Nadal no Centro Comercial Monte Balado de Brión

0

Brión, 17 de decembro do 2021 – O centro comercial Monte Balado de Brión acolle este sábado unha Feira de Nadal organizada pola asociación Darredor e o Concello.

A Feira de Nadal funcionará dende as once da mañá as sete da tarde. Unha xornada que combinará os postos e produtos típicos do Mercado mensual (alimentación, libros, artesanía, produtos de segunda man…) con outra serie de postos e actividades paralelas.

Os máis pequenos poderán desfrutar con dous obradoiros: “Seica vén o apagón!”, no que aprenderán a facer velas; e “Delicias galegas”, un obradoiro de cociña con produtos do propio mercado para degustar nestes días de festa. A maiores, haberá visita sorpresa de Papá Noel ou do Apalpador, así como unha actuación musical con panxoliñas.

Finalmente, no mercado haberá un “Posto para o desabastecemento”, para que ninguén quede sen agasallo no Nadal. Neste posto, calquera persoa poderá deixar aqueles xoguetes que a crianza ten moi vistos e levar outro diferente. Iso si, esixirase que o xoguete estea en bo estado, limpo e listo para xogar con el.

E se algunha persoa de Brión quere sumarse á Feira de Nadal co seu propio posto só ten que contactar por Whatsapp con 633 122 772 ou enviando un mail a daquidarredor@gmail.com.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies