Compostela, 26 de setembro do 2017 – O xoves 28 de setembro. ás 20 horas inaugurarase no Hotel Virxe dá Cerca, en Santiago de Compostela, a exposición conxunta de Antón Sobral e Tino Canicoba.
Esta exposición realízase dentro do convenio iniciado no 2011 entre Pousadas de Compostela e a coordinadora de exposicións Cristina Carballedo, polo que artistas profesionais interveñen os espazos do Hotel. Esta mostra poderá visitarse ata novembro.
O artista multidisciplinar Antón Sobral presenta unha nova colección de obras onde o xesto cobra moita importancia. Antón Sobral posúe unha intensa traxectoria profesional realizando desde o ano 68 máis de cen exposicións en toda Galicia e, a partir dos 90, en Milán , Viena A Habana, Nova York así como en Francia ou Alemaña entre outros países. Con estas viaxes Sobral inicia un intercambio cultural desde a presidencia da Asociación de Artistas Plásticos de Pontevedra. Poesía, música, teatro, conferencias etc.. son outras das facetas deste recoñecido artista, ademais de coordinar encontros de Arte e Natureza desde hai anos.
A crítica define a súa pintura como de fonda reflexión e exquisita factura, cunhas características gradaciones de cor en visión horizontal que definen o mar e o afastado horizonte.
O escultor Tino Canicoba presenta unha selección das súas últimas pezas. Comeza a súa traxectoria artística no 1989, con exposicións en Santiago de Compostela, Madrid e Pontevedra. Nos seguintes anos intensifica o seu traballo con numerosas exposicións que compaxina coa presentación da súa obra, que resulta premiada, a diversos certames, como o Certame de Tuy, de Lugo, a Bienal Nacional de escultura de Andujar, o Certame Vila de Madrid ou o máis recente premio de escultura Reina Sofia en Madrid. Estes últimos anos presentou a súa obra en Novacaixagalicia, en Baiona, en Santiago de Compostela e en Ferrol.A súa escultura caracterízase polo seu traballo en madeira de talla directa, habitualmente policromada con temas variados, tendo a figura humana como fío condutor.