займ срочно

A Estrada repartirá este domingo 6.000 pinchos de salmón

0

A Estrada, 19 de maio do 2018 – O Concello da Estrada vai ofrecer un total de 6.000 pinchos de vinte receitas distintas de salmón mañá domingo no marco da degustación popular da XLV edición da festa de este produto.

En total, os dez establecementos participantes servirán os pinchos en 3.000 bandexas de dúas racións a un prezo de 4 euros. O concelleiro de cultura Juan Constenla explica que “Os hostaleiros van facer un novo esforzo e van elaborar pinchos para 3.000 bandexas no canto das 2.500 do ano pasado, que se quedaron curtas polo forte tirón do salmón e, sobre todo, polos saborosos xeitos de preparalo dos nosos cociñeiros”. O concelleiro engadiu “Hai cinco anos saian á venda unhas 2.000 bandexas, que se elevaron a 2.300 nos anos 2015 e 2016 e a 2.500 na pasada edición e, malia este incremento, temos que seguir elevando a cifra, o que dá boa mostra de cal é a tendencia desta festa”.

A degustación popular comezará sobre as 12.00 horas no Novo Mercado e a súa contorna mantendo a exitosa estética dos últimos anos, ofrecerá os seguintes pinchos:

A Casa do Pan  – Empanada de Salmón con verduriñas da bisbarra do Ulla e

Tosta de pan artesán con untado de Salmón e liscos de xamón ibérico

Argentinos Burguer – Ceviche negro e Salmón&Gofres

Panadería Cervela – Roliños de pan de molde con Salmón, queixo e gambas

e Coca de Salmón, verduras, queixo e vieiras

A Bombilla – Salmón en escabeche de cítricos e Follado de Salmón con confeitura de tomate

Mar de Compostela – Espeto campestre con pan de millo e Salmón en cama de vexetais

O Asador de Leo – Fritido de Salmón con salsa agridoce e Tortilla de Salmón

Os Peares – Arroz mar e terra e Croquetas de Salmón

Nixon – Pastel de Salmón con pan negro e Salmón en escabeche branco

Samaná – Cracker de Salmón con guacamole de ourizo e Follado morno de Salmón, gambas e setas

Velis Nolis – Ceviche de Salmón con amorodos e Ceviche de Salmón con augacate

Lagar de Ribela – Sidra

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies