займ срочно

Esquerda Unida Compostela demanda respeto para as persoas en risco de exclusión social

0

Compostela, 6 de maio do 2017 –  Esquerda Unida Compostela denuncia o abandono que padece o colectivo de persoas en situación de exclusión social, sobre todo as persoas sen fogar que viven en Santiago de Compostela, por parte da Administración Autonómica,  que ten responsabilidades e competencias na abordaxe da súa situación, así como o uso perverso que a Valedora do Pobo fai da súa situación e amosa tamén  o seu rexeitamento  diante do tratamento do colectivo, por parte dalgúns medios de comunicación.

 Según explica EU a abordaxe integral da problemática deste colectivo precisa da implicación responsable de tódalas administracións, non só do ámbito municipal. Só co compromiso da administración autonómica (sanitaria, social, de vivenda,…) se podería resolver esta situación conflitiva, pois moitas destas persoas (en moitos casos con problemáticas derivadas do consumo de drogas, con enfermidades mentais, patoloxías duais,…) deberan ser atendidas en recursos sociosanitarios axeitados ás súas necesidades psicosociais.

 Por elo, Esquerda Unida de Compostela, esixe que tódolos poderes públicos asuman a súa responsabilidade competencial, así como a xestión pública de iniciativas de apoio a este colectivo, que deberan integrar un conxunto de servizos destinados non só a ofrecerlles un aloxamento puntual, senón tamén a favorecer a súa inserción social, ofrecéndolles unha atención integral e individualizada, sempre en coordinación coas entidades sociais da cidade que levan a cabo accións asistenciais dende hai moito tempo.

 Esquerda Unida di tamén que “Algúns medios de comunicación, dende hai tempo, están a dar un tratamento mediático que non contribúe máis que a perpetuar os estigmas e a marxinación que xa padece este colectivo. Novas publicadas por estes medios con titulares como “Un sintecho defeca en los soportales de la praza do Toural”, ou contidos  como “tenía una hija en Lugo, a la que no podía ver”, non aportan información á cidadanía, só sensacionalismo e prexuízos que mostran tamén moita desinformación e ignorancia sobre a realidade destas persoas”.

 Esquera Unida Compostela mostra tamén a súa crítica cara a Valedora do Pobo da que di “no canto de defender os dereitos destas persoas en situación de extrema vulnerabilidade social, fixo públicos no Parlamento de Galicia varios datos persoais, de especial protección segundo a lexislación vixente, de tres persoas sen fogar da cidade de Compostela; coa súa intervención fai una instrumentalización política da abordaxe deste problema social, mentres esquece o cumprimento do seu deber cotiá. Son milleiros as queixas que recibe cada ano, por exemplo, sobre a sistemática vulneración do dereito á asistencia sanitaria e moitos outros exemplos de maltrato institucional por parte das administracións públicas que, ano tras ano, seguen sen resolverse, sen que a representante de esta institución actúe coa mesma contundencia que emprega no tratamento desta problemática tan acuciante, pero que só representa unha milésima parte da problemática das persoas sen fogar en Galicia”. 

Esquerda Unida lembra que o deber da Valedora do Pobo é o de supervisar a actividade das administracións galegas para defender os dereitos e liberdades dos galegos e galegas, entre elas, tamén, a veciñanza de Compostela, pero dende unha perspectiva que integre a todas as administracións.

Esquerda Unida Compostela tamén explica que “as circunstancias que levan a unha persoa a residir na rúa son diversas e case sempre xiran arredor da desestruturación persoal, psicosocial e socioeconómica das persoas; e, en poucos casos, obedecen inicialmente a unha decisión individual. As persoas que viven nas rúas non son distintas ao resto da poboación; nestes tempos de pobreza e estafa que provocou o capitalismo, vemos neste colectivo a non poucas persoas integradas a nivel persoal, familiar, social, laboral,… ata non hai moitos anos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies