займ срочно

Espina a mellor valorada para a xestión da auga en Ames

0

A Mesa de Contratación do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames reuniuse para pechar o proceso de licitación. Esta proposta terá que ser aprobada agora polo Pleno. No caso de aprobarse, esta compañía xestionará este servizo, como mínimo, durante dous anos

Ames, 22 de novembro do 2016.- Este luns, 21 de novembro, reuniuse a Mesa de Contratación do Ciclo Integral da Auga do Concello de Ames para pechar o proceso de licitación deste importante servizo municipal. Trala xuntanza, e tal e como consta na acta de dita reunión, por unanimidade dos membros que integran dita Mesa acordouse propoñer a adxudicación da xestión deste servizo municipal á empresa Espina y Delfín SL, ao ser a que mellor puntuación obtivo en dito proceso. Esta proposta terá que ser aprobada agora polo Pleno. No caso de aprobarse, esta compañía xestionará este servizo, como mínimo, durante dous anos.

A oferta presentada por Espina y Delfín SL recolle un prezo de 0,5580 por metro cúbico de auga facturada da ETAP; 0,5580 por metro cúbico facturado polo saneamento e depuración; 0,2628 por metro cúbico de auga na factura da ETAP a Brión, e non cobra custe algún polo metro cúbico de auga na circulación en alta a Teo. Ademais, aplicou unha baixa do 76% a diversos servizos ofrecidos aos usuarios/as e un 56% de baixa sobre os prezos descompostos. Por último, ofertou un importe de 300.000 euros para obras de reparación.

A Mesa de Contratación estivo composta polo alcalde, como presidente, e polos seguintes vogais: secretaria xeral da corporación, interventora municipal, o concelleiro delegado en materia de Urbanismo, Obras Públicas e Servizos Básicos, e maila arquitecta municipal. Por último, como secretario/a da mesa participou un funcionario municipal do departamento de Contratación. Tamén formaron parte da Mesa, con voz pero sen voto, unha/un representante de cada grupo da oposición designado previamente polos propios grupos.

Cómpre lembrar que foron cinco as empresas que presentaron as súas propostas neste proceso de licitación: FCC Aqualia, SA; Viaqua, gestión integral de augas de Galicia, SAU; Espina y Delfín, SL; Acciona agua servicios, SLU; e maila UTE constituída polas empresas Sociedad de Fomento Agrícola Castellonense, SA (FACSA) e Espina obras hidráulicas, SA.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies