займ срочно

O Espazo de Fotografía da USC abre prazos de inscrición

0

Compostela, 21 de setembro do 2017 –  Este mércores comezou o prazo de inscrición para os cursos e monográficos en Compostela do Espazo de Fotografía da USC para 2017-2018.

O alumnado de grao que realice varios destes cursos cumprindo debidamente coa asistencia (80% das horas lectivas), poderán recibir 1 crédito ECTS por cada 25 horas.

A programación comezará coa celebración dun curso de iniciación á fotografía que terá continuidade noutros dous sobre técnica e ollo e visión fotográfica. Este conxunto completarase coa celebración de catro monográficos que arrancarán tratando as crónicas fotográficas, dende as orixes da fotografía ata a contemporaneidade, e que proseguirán achegando formación sobre procesado e retoque dixital; proxectos fotográficos; e técnicas de iluminación.

O primeiro dos cursos celebrarase a partir do próximo 2 de outubro e permitirá ao alumnado adquirir a capacidade de realizar fotografías en modos manuais, manexar os axustes necesarios para obter unha exposición correcta e coñecer as posibilidade técnicas e creativas dunha cámara. O programa desenvólvese en horario de 19.00 a 21.00 horas cun prezo de inscrición de 70 euros para a comunidade universitaria e 95 para o resto. Existe un límite de 25 prazas.

Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a web da Área de Cultura (http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/espazofoto.html) ou contactar a través dos teléfonos 881.811.018 e 881.811.103.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies