займ срочно

Espacio Metro, Zona PC e Carnicería Sigüeiro gañan o XII Concurso de Escaparates de Ames

0

Ames, 22 de Nadal do 2017 –  O xurado do XII Concurso de Escaparates de Nadal de Ames elixiu aos negocios Espacio Metro, Zona PC e Carnicería Sigüeiro como os gañadores de esta edición.

Espacio Matro, 1º premio

O concurso de Escaparates está organizado pola Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo, e nel participaron un total de 44 comercios (26 en Bertamiráns e 18 no Milladoiro), 7 máis que o ano pasado. Tras o ditame dos membros do xurado xa se coñecen os gañadores deste concurso. O primeiro premio recaeu na empresa de deseño de espazos e interiorismo, Espacio Metro, situado na rúa Entrerríos, número 8, de Bertamiráns, que obtivo 35 puntos. O segundo premio foi para a empresa de servizos  informáticos, Zona PC, que está situada na rúa Alcalde Lorenzo, número 6, tamén en Bertamiráns, e que obtivo 34 puntos. Por último, o terceiro premio recaeu en Carnicería Sigüeiro, que está situado na rúa Rosalía de Castro, número 70, no Milladoiro, e que sumou 33 puntos. Na terceira posición quedaron empatados con 33 puntos Carnicería Sigüeiro e a perfumería El Patio de Mi Casa, pero trala deliberación do xurado acordaron outorgar dito premio á Carnicería Sigüeiro.

Neste concurso, os establecementos comerciais amesáns competiron desde o pasado 15 de decembro de 2017 e permanecerán adornados ata o 6 de xaneiro de 2018. O primeiro premio está dotado de 1.000 euros, o segundo premio é de 700 euros e o terceiro premio dispón de 400 euros. Uns importes aos que se lles aplicará a retención do IRPF que corresponda no momento da entrega de premios.

Zona PC, 2º premio

O xurado estivo formado por un membro de cada unha das asociacións de comerciantes e profesionais que están funcionando actualmente no concello. Ramón Cordido asistiu en representación da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Bertamiráns; María Reyes Cancela participou en representación da Asociación de Pequenos Comerciantes Viorneira, Palmira Bulebar; Salomé Blanco formou parte do xurado en representación da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial Novo Milladoiro; e Miguel López en representación da Unión de Consumidores de Galicia.

Dende o xurado indicaron que este ano, respecto a edicións anteriores, houbo máis nivel na decoración dos escaparates presentados. Tamén destacaron a dificultade de puntuar ditos escaparates, tal e como queda demostrado nos axustados resultados das puntuacións obtidas polos gañadores, que están separadas tan só por un punto de diferenza, e nos diferentes empates que se produciron. Asemade, cómpre salientar, que ao incremento no número de establecementos participantes, hai que engadir a maior calidade dos traballos presentados.

Carnicería Sigüeiro, 3º premio

Cada membro do xurado fixo unha valoración de entre 0 e 5 puntos, tendo en conta o deseño e a orixinalidade dos traballos presentados, así como os criterios de composición e a elaboración propia. O xurado contou co asesoramento técnico da profesional Antonia Pinto Veloso, e dous traballadores da Concellaría de Comercio, Promoción Económica, Traballo e Turismo que actuaron como secretarios. Unha vez o xurado rematou a súa deliberación, recibiron a visita do alcalde, José Miñones, e da concelleira de Promoción Económica, Isabel González, para agradecerlles o traballo feito.

Premio Especial do Público

O concurso tamén conta co Premio Especial do Público, o cal premiará a un establecemento do Milladoiro e outro de Bertamiráns con 200 euros. Para iso entregáronselle a cada local 150 boletos para repartir entre a súa clientela. O resultado das votacións do público darase a coñecer a finais do mes de xaneiro de 2018. Os establecementos seleccionados polo xurado e polo público gozarán, ademais, da cesión de espazos publicitarios gratuítos en Ames Radio durante un mes consecutivo, en función das necesidades da programación da radio municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies