займ срочно

Eólica Así Non convoca unha manifestación o vindeiro 5 de xño

0

Bisbarra, 27 de maio do 2022 – O Día Mundial do Medio Ambiente, 5 de xuño, a Coordinadora Eólicos Así Non convoca unha marcha baixo o lema “Temos Alternativa!”.

A manifestación partirá as doce da Alameda e rematará na Parza do Obradoiro. Eólicos Así Non está formada por 180 entidades e plataformas ecoloxistas, veciñais, sociais, culturais e sindicais de toda Galiza

Un modelo enerxético xusto

Eólicos Así Non dou unha rolda de prensa para presentar a convocatoria na que fixo un chamado “a toda a sociedade galega para que participe na gran mobilización social”. Explican que buscan defender un modelo enerxético xusto e sustentábel e unha enerxía por e para o pobo.

Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, as entidades convocantes queren chamar a atención sobre a necesidade de rachar co modelo tradicional de produción e consumo de enerxía. O obxectivo é “acadar unha transición ecolóxica e unha descarbonización da economía socialmente xusta e ecoloxicamente viábel”.

Desde a Coordinadora Eólica Así Non advírtese de que “o actual modelo de transición no eido enerxético só responde aos intereses das grandes corporacións da enerxía e que non contribúe a superar o reto climático, pois segue apostando polo espolio do territorio, a fragmentación de hábitats, a perda de biodiversidade e por unha produción intensiva e centralizada da enerxía que somete cautiva á sociedade”.

Eólica un ano despois

Hai un ano a coordinadora Eólica Así Non congregou a milleiros de persoas na Praza do Obradoiro para reclamar a moratoria dos proxectos eólicos en tramitación e unha nova planificación eólica.

Hoxe en día seguen defendendo esta medida e engaden a necesidade dun cambio de modelo enerxético “que se enfronte á lóxica do crecemento capitalista, que rache a dependencia entre o aumento do consumo da enerxía e a mellora do noso benestar social”.

Na convocatoria do cinco de xuño lerase o manifesto titulado como o lema da marcha  “Temos Alternativa!”. O documento enumera 9 principios nos que se debería fundamentar o novo modelo enerxético para ser xusto e sustentábel, e para dar servizo por e para o pobo.

A protección da natureza e da biodiversidade como base da transición ecolóxica; cumprimento das normativas europeas de protección ambiental; coidado do patrimonio cultural; preservar o dereito dos galegos a súa soberanía e seguridade alimentaria; primar o aforro e a eficiencia fronte ao aumento da capacidade; que Galicia poida decidir sobre o uso dos seus recursos; deseño dunha nova planificación enerxética; derogación das leis de “depredación” e finalmente precaución para preservar a saúde pública.

Manifesto

Tedes o texto completo no seguinte enlace manifesto

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies