Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Negreira
  • Val do Dubra
  • Xeral

O Entroido chama ás portas

Cando algunhas vilas aínda están desmontando o alumeado de Nadal, o Entroido chama as portas da bisbarra e os concellos comezan a anunciar desfiles e eventos.
a-banha-entroido-slide-13-febreiro-2020_r

Bisbarra, 18 de xaneiro do 2024 – Cando algunhas vilas aínda están desmontando o alumeado de Nadal, o Entroido chama as portas da bisbarra e os concellos comezan a anunciar desfiles e eventos.

O Entroido do Ulla, o dos Xenerais, comparsas e correos, comeza xa esta mesma fin de semana polo que este ano non hai respiro. Hoxe mesmo preséntase a Festa da Filloa de Lestedo que tradicionalmente pecha estas festas e que se celebrará o 18 de febreiro.

Todo o relativo aos Xenerais da Ulla o tedes na súa páxina web e nun calendario moi completo que podedes atopar aquí e no que tedes mesmo as coordenadas GPS para que non vos perdades. Pero tamén están os desfiles e bailes de disfraces de outros concellos que non convén perderse.

Brión marca a data do    11 de febreiro para o seu desfile. Partirá as catro e media do Pavillón Municipal para percorrer o paseo dos Pedrouzos e a rúa Tarrío para chegar ao Parque de Lamiño. Estará acompañado pola Charanga Os Celtas. O baile de Entroido contará coa música do grupo Lume e as inscricións ábrense o día 22 e durarán ata o 8 de febreiro.

Val do Dubra tamén presentou xa os seus concursos de disfraces. O de adultos un día antes que o de Brión, o día 10 de febreiro; e o infantil uns días despois, o 13 de febreiro. En este caso as inscricións serán do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro. A cita do desfile de adultos será as catro e media no Campo da Feira para saír ás cinco ata a casa do concello.

O día 10 haberá que elixir ou, si se quere ver todo, repartir o tempo porque en Negreira tamén celebran o desfile de comparsas e carrozas. A partir das catro concentración no Campo da Feira para saír as cinco percorrendo o centro da vila. A entrega de premios a partir das 8 diante do concello e todo coa compañía da Charanga Tíralle do Aire. A música na festa final será do grupo Unión y Fuerza. Negreira celebra ademais unha festa de disfraces infantil o luns día doce, a partir das cinco e media da tarde no pavillón do CEIP O Coto.

Iremos contando o Entroido no resto dos concellos pero lembrade que aquí non se para. A finais de febreiro, despois de repoñernos un pouco do Entroido, chega o Santiago (e) Tapas e a continuación case sen parar a Festa do Queixo de Arzúa, ide anotando que con tanta troula e fácil perderse algo.

Post navigation

Previous: Santiago(é)Tapas comeza coas probas aos participantes
Next: Concurso de elaboración de mecos, e de disfraces, no Entroido de Arzúa

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.