Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Eleccións 23  O PP convoca oito congresos na provincia

A pouco máis dun ano das elecció os partidos comezan a preparación dos equipos que terán que deseñar as listas
elecciones23-pp-congresos-provinciais-slide-12-abril-2022_r

Bisbarra, 12 de abril do 2022 – A pouco máis dun ano vista das elección locais os partidos comezan a preparación dos equipos de que deberán deseñar as candidaturas en cada concello.

O Partido Popular ven de convocar oito congresos na provincia da Coruña : Santa Comba, Vedra, Ordes, Santiago, Monfero, Ortigueira, Narón e Noia. O congreso de Compostela debería resolver a pugna pola candidatura local na que xa hai dous pre candidatos, Borja verea e Fernando Mayo.

Os congresos terán lugar no vndeiro mes de maio. Na bisbarra celebraranse o de Santa Comba o día 11, Vedra o 12, Ordes o 13, Santiago o 13 e Noia o 20.

Segundo explicou o presidente provincial, Diego Calvo, retómase desta forma “un proceso que xa estaba aberto e planificado desde principios de ano e que tivo que retrasarse por mor da celebración do Congreso Nacional que tivo lugar a principios de mes en Sevilla”.

Calvo engade que  “A nosa xente está en marcha e activa, e nós sabémolo; o que buscamos con estes encontros é reformar equipos, sumar persoas e encarar as liñas de traballo que seguiremos durante os próximos meses”,

O Partido Popular prepara de este xeito as Eleccións municipais do 2023. O presidente provincial situo como obxectivo recuperar o goberno da Deputación- Mostrouse convencido de que os congresos locais servirán para “colocar aos mellores” ao fronte das agrupacións locais, que a súa vez aglutinarán a moitas persoas con “inquietudes e sensibilidades diferentes, pero cun único obxectivo: traballar polo ben dos seus pobos e dos seus veciños”.

Ao fío de esta convocatoria o PP de Santiago convocou hoxe unha rolda de prensa do presidente da xestora local, Borja Verea. Aínda que o tema de esta cita non trascendeu, é obvio pensar que terá que ver co congreso local de maio. Sobre a mesa a amenaza de querella da ex concelleira popular Ana Belen Sabel contra o actual voceiro, Alejandro Sánchez Brunete, por unhas críticas nunn boletín informativo.

Post navigation

Previous: Silleda convoca o concurso de microrrelatos que xirará en torno á paz
Next: Solicitan a convocatoria da Comisión mixta de garantía básica de Santiago

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.