займ срочно

Dustin de Naïla Guiguet gaña o premio do público en Curtocircuito

0

Compostela, 12 de outubro do 2020 – O premio do público 2020 no Festival Curtocircuíto recaeu en Dustin de Naïla Guiguet.

Os distintos xurados desta edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine tras as deliberacións oportunas decidiron outorgar ademais os seguintes premios nas distintas categorias

Curtocircuíto

Dustin de Naïla Guiguet

Premio Radar: Sun Dog, de Dorian Jespers.

Curtocircuíto

Sun Dog, de Dorian Jespers

Porque en tempos de escuridade, este filme amósanos unha luz apocalíptica que, entre o soño e o pesadelo, ofrécenos a esperanza do fin do inverno. Pola súa potencia devastadora.

Mención especial Radar: Dustin, de Naïla Guiguet.

Por bailar e bailar. Seguir toda a noite c@s amig@s. Rir. Chorar. Bicar. Amar. Buscar o recoñecemento e atopar a tenrura. Pola a súa autenticidade conmovedora.

Premio Explora: Look Then Below, de Ben Rivers.

Curtocircuíto

Look Then Below, de Ben Rivers

Pola forma sutil e complexa na que o filme oscila entre a pura pegada e a icona pura na construción dunha paisaxe velada.

Premio Galiza: Vestiges (an archipielago), de Enar de Dios.

Por ser unha película reveladora, que nos fala sobre as consecuencias da desintegración e a transformación do territorio a mans do ser humano. Porque a autora logra un persuasivo equilibrio entre a palabra e as imaxes logrando axitar e interpelar ao espectador de maneira contundente.

Mención especial Galiza: Blanco y Fucsia, de Marta Valverde.

Por realizar un exercicio fresco e atrevido de auto retrato cunha fráxil e valente proposta formal que consegue captar as contradicións entre os soños e a realidade.

Premio Penínsulas, patrocinado por RC Service: La sangre es blanca, de Óscar Vicentelli.

Curtocircuíto

La sangre es blanca, de Óscar Vicentelli

Polo risco formal, sorprendente e inédito, á hora de abordar un motivo con certa traxectoria audiovisual, a tauromaquia, desde unha perspectiva innovadora e que convida á reflexión, creando certa distancia grazas á súa proposta visual.

Mención especial Penínsulas: Los Páramos, de Jaime Puertas.

Polo mérito de achegar a cámara a unha realidade de retrato complexo, non maniqueo, cun compoñente mítico e, por veces, onírico.

Premio Xurado Novo: Pyrale, de Roxanne Gaucherand.

Curtocircuíto

Pyrale, de Roxanne Gaucherand

Por retratar de maneira sensible dúas naturezas aparentemente opostas como son a documental e a ficción, e un desastre ecolóxico co descubrimento dun primeiro amor nunha fusión de violencia e beleza.

Mención especial Xurado Novo: Sun Dog, de Dorian Jespers.

Polo emprego dun dispositivo vangardista que soubo captar ao espectador en tres planos e ao espiritu xeracional.

CREA á Mellor dirección galega: Vestiges (an archipielago) de Enar de Dios.

Por manter a coherencia entre a forma e o discurso, acadar unha narrativa emocional co emprego de recursos contemporáneos e amosar unha problemática universal desde unha ollada persoal.

AGAG ao Mellor guion galego: Todo el mundo se parece de lejos  de Rafa de los Arcos.

Curtocircuíto

Todo el mundo se parece de lejos  de Rafa de los Arcos

Pola capacidade de contar sentimentos complexos de maneira sútil e ofrecer un retrato realista e sen artificios dunha ruptura amorosa.

Mención especial AGAG: Onde dormen as gaivotas, de Dani Cornes.

Por reflectir a través da ciencia fición unha inquedanza universal e contemporanea.

Premio Outra Compostela, patrocinado por Turismo de Santiago y Santiago de Compostela Film Commission: De sangue e cristais, de Lucía Ramiro, Bruno Arias, Miguel González, Beatriz Fernández e Miguel García.

Curtocircuíto

De sangue e cristais, de Lucía Ramiro

Pola boa concepción do lisérxico contra o stablishment; da liberdade contra a autoridade e por saber plasmar a imaxe como rexistro doutra posible realidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies