Ames, 18 de novembro do 2020 – O Partido Popular cualifica de “fracaso estrepitoso” os orzamentos participativos de Ames que descenderon, din, nun 65% no cómputo xeral, e un 16% no que respecta ao rural, no número de propostas.
O PP amiense engade que esta diminución da partición sucede nun ano no que se dobrou o importe destinado a financiar actividades e no que se estenderon a outros ámbitos deixando de ser exclusivos do rural. Lembran ademais que o custo de poñer en marcha os orzamentos participativos, en consultoría externa, foi de 24.000 euros.
Un modelo que non funciona
O Partido Popular explica que o modelo usado para os orzamentos participativos foi deseñado pola empresa que o fixera no 2018 e que “volveu a cobrar 11.979,00 euros polos seus servizos e pouco achegou ao modelo anterior”. Engaden que o prazo de presentación de propostas tivo que ser ampliado, se simplificaron os trámites e usouse un modelo mixto presencial e telemático que non conseguiu unha maior participación.
Anos anteriores
O PP fai un resume do acontecido nos últimos anos e lembra que no que nos primeiros orzamentos participativos, os do 2017, destinados exclusivamente ao rural, presentáronse 186 propostas. En este 2020 o total de propostas recibidas foi de 225 para os distintos ámbitos, sendo o número, para investimentos no rural, de 156 propostas, un 16% menos que no 2017.
No exercicio 2018 engadiuse aos orzamentos participativos unha partida de 60.000 euros para investimentos vinculados á mocidade, o que supuxo que se realizasen 103 propostas relacionadas con estes investimentos. En total, presentáronse 490 propostas; das cales foron rexeitadas o 71% delas; co que as propostas definitivas quedaron en 158 propostas (112 propostas para o rural e 46 para a mocidade).
Os populares son ainda máis críticos con 2019 do que din que “os orzamentos participativos foron un auténtico cambalache no que abundou a falta de participación, información e trasparencia”. Engaden que o ano pasado “o procedemento limitouse, na maioría das parroquias, a montar sobre a marcha unha reunión urxente na que aos asistentes pedíuselles achegas, as cales non foron formalmente sometidas nin a exposición nin a votación veciñal, polo que non existen datos fiable sobre o número de propostas presentadas”. Estes orzamentos do 2019 foron aprobados en pleno, explican, pola fórmula de “Moción polo Procedemento de Urxencia, por un importe de máis de 120.000 euros”.