займ срочно

O CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro será reformado de xeito integral

0

Bisbarra, 22 de xullo do 2022 – O Colexio Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro recibirá unha reforma integral que suporá un investimento de máis de un millón catrocentos mil euros.

A nova foi comunicada, nun encontro coa directora do centro, polo Delegado Provincial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor. O proxecto para o Lorenzo Baleirón forma parte do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta

Trenor avanzou que a intervención recolle a renovación de todo o envolvente da edificación: fachadas, cubertas e carpinterías;  a substitución de todas as instalación de luminarias e a mellora da accesibilidade coa construción de novas rampas e renovación de pasamáns.

A obra incluirá a execución dunha pérgola na zona de acceso e a substitución da pérgola existente entre o edificio de primaria e secundaria. Realizaranse ademais actuacións no interior do inmoble, coa reforma dos aseos de primaria e o espazo destinado a biblioteca.

A intervención completarase co pintado completo do centro e coa mellora do revestimento no patio cuberto central. Tamén está prevista a substitución dos falsos teitos no interior, nos patios exteriores e no porche do edificio de primaria. O Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia, ao que pertence a actuación no Eusebio Baleirón,  ten como obxectivo principal impulsar novos espazos escolares “máis innovadores, sostibles e confortables, acordes cos novos retos de futuro da educación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies