Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O Sar pechou o seu Programa Integrado de Emprego en Dodro

O Pazo de Lestrove, en Dodro, acolleu a clausura do Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou aos concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro.
dodro-clausura-plan-de-emprego-slide-16-novembro-2023-(2)_r

Bisbarra, 16 de novembro do 2023 – O Pazo de Lestrove, en Dodro, acolleu a clausura do Programa Integrado de Emprego 2022/23 que agrupou aos concellos de Padrón, Rianxo, Valga, Rois, Pontecesures e Dodro.

O Programa foi cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). O obxectivo primordial foi mellorar a empregabilidade de persoas en situación de desemprego dos concellos implicados.

Con ese fin o programa baseouse entres liñas de actuación. Por unha banda traballouse na formación para o desenvolvemento de competencias dixitais que favoreceran a incorporación ou reincorporación ao mercado laboral.

En segundo lugar traballouse na orientación laboral individualizada ao longo do Programa. Para rematar buscouse a intermediación laboral coas empresas da contorna durante os doce meses de duración.

En todos estes procesos investíronse máis de 1.000 horas de cursos, talleres, visitas a empresas, etc.

Xornada de Clausura

A xornada de clausura desenvolveuse con un formato de charla coloquio empresarial. En ela participaron o secretario territorial da Xunta de Galicia na Coruña, os alcaldes e a alcaldesa de todos os Concellos da agrupación, e o persoal de recursos humanos de compañías colaboradoras co Programa, en concreto, Aluminios Cortizo S.A; Financiera Maderera S.A; SIF Servicios, S.L.; Ana Muñiz S.L., e Pousadas de Compostela S.L..

O representante da Xunta, Severino Álvarez Monteserín. destacou a importancia da implicación, tanto dos concellos como da iniciativa privada, para o éxito destas actuacións. Os rexedores salientaron o esforzo de todas as persoas participantes, así como do persoal do programa e agradeceron a colaboración de todas as empresas participantes, un elemento esencial no transcurso do Programa.

Nesta edición atendéronse 107 persoas de todos os Concellos participantes (30 de Padrón, 27 de Rianxo, 14 de Valga, 14 de Dodro, 14 de Pontecesures e 8 de Rois), e logrouse unha porcentaxe de inserción superior ao mínimo esixido (35%), de 40 persoas.

Post navigation

Previous: Teo busca axuda para melloras no CEIP Plurilingüe dos Tilos CEIP A Igrexa-Calo
Next: Músicas na Linde: Acustiquísimos

Máis novas

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

noia vai de tapas 5 novembro 2026 (2)
4 minutes read
  • Xeral

Noia vai de tapas

ames aproba novo credito para gastos ordinarios 2 novemro 2026
10 minutes read
  • Ames

Ames aproba un novo crédito extraordinario de 1,4 millóns de euros

cineurop a40 aniversario 2 novembro 206
8 minutes read
  • Axenda

Cineuropa celebra 40 anos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2830) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (832) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.