займ срочно

Dodro, Padrón e Rois promoven un obradoiro de emprego sobre turismo

0

Bisbarra, 7 de setembro do 2018 –  Os concellos Dodro, Padrón e Rois promoven un obradoiro de emprego sobre o sector turístico dirixido a persoas menores de 30 anos en situación de desemprego.

Para participar no obradoiro os candidatos teñen que ter o título de Bacharelato ou un ciclo superior de FP e, ademais, estar inscritos no Programa de Garantía Xuvenil. Os interesados poderán solicitar máis información nos tres concellos participantes o antes posible, pois está previsto que o obradoiro comece a finais de setembro.

Financiado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo, este obradoiro desenvolverase durante 6 meses, incluíndo a parte teórica e práctica. Baixo a denominación Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018, o alumnado seleccionado poderán formarse na especialidade de Promoción turística local e información ao visitante. Ademais, durante o medio ano de duración, os seleccionados terán un contrato de formación e aprendizaxe que lle permitirá cobrar un salario.

Ao rematar o Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018 o alumnado recibirá o certificado de profesionalidade correspondente. No caso de que non se cubran as prazas con candidatos destes tres municipios, ampliarase a selección a concellos limítrofes, dando prioridade a aqueles que non teñan proxectos similares.

A formación que se impartirá versará sobre a actividade de creación de paquetes turísticos culturais e naturais; creación de produtos turísticos aproveitando recursos culturais e naturais da comarca, traballo diario de potenciación do turismo nas redes sociais, actualización da páxina web Terras de Iria e atención da oficina de turismo de Padrón e dinamización. As bases íntegras desta convocatoria pódense consultar na páxina web do Concello de Rois.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies