займ срочно

O desfile de Entroido de Compostela sairá este ano da Avenida de Ferrol

0

Compostela, 24 de xaneiro do 2018 – Santiago ven de abrir o prazo de inscrición no desfile de Entroido que se celebrará o 13 de febreiro e que saíra, polas obras da estación de ferrocarril, da avenida de Ferrol.

Compostela premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parelllas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela.

Entroido Santiago 2017

Entroido Santiago 2017

As inscricións deberán formalizarse no departamento de Festas, localizado no Teatro Principal, antes das 14.00 horas do 12 de febreiro. Para as carrozas haberá tres premios de 3.000, 2.000 e 1.000 euros. No caso das comparsas, que estarán compostas por un mínimo de 15 persoas, entregaranse premios de 2.400, 2.000 e 1.000 euros. Na categoría de grupos, formados por entre 6 e 15 persoas, hai tamén tres premios, de 800, 400 e 200 euros.

Entroido Santiago 2017

Entroido Santiago 2017

No Entroido entregarase tamén un premio de 400 euros á mellor parella; e tres premios aos mellores disfraces individuais, de 300, 200 e 100 euros. Por último, recoñeceranse as mellores comparsas procedentes das parroquias e barrios de Santiago, con tres premios de 1.200, 600 e 400 euros.

O desfile do martes de Entroido sairá da avenida de Ferrol, por mor das obras que se están executando na Estación do Ferrocarril, habitual punto de inicio da comitiva. As carrozas e comparsas percorrerán as rúas de Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo e Senra, para rematar na Avenida da Coruña. A entrega de premios terá lugar na Sala Capitol.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies