займ срочно

Queda deserto o concurso de xestión da Escola de Música de Santiago

0

Compostela, 22 de maio do 2018 –  A Xunta de Goberno acordou, nunha sesión extraordinaria, deixar deserta a adxudicación do Servizo de dirección pedagóxica, docencia e organización da Escola Municipal de Música. O Executivo asume así a proposta da mesa de contratación celebrada nunha decisión da que xa foron informados os traballadores e traballadoras do centro.

A mesa de contratación propuxo deixar deserta a licitación da Escola de Música por entender que a oferta económica presentada pola única empresa que se presentara ao proceso non cumpría os requisitos esixibles e ese defecto non era subsanable. A Xunta de Goberno aprobou esa proposta, e o Executivo prevé ampliar a orde de continuidade da prestación do servizo á empresa que xestiona a Escola Municipal de Música, en vigor ata o 30 de xuño.

O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o Goberno optará por “redactar uns novos pregos, nun proceso dialogado cos traballadores e traballadoras da Escola Municipal de Música, e coas nais e pais do alumnado”. Segundo explicou, “tratarase de garantir a estabilidade do cadro de persoal e a calidade do modelo educativo”. O rexedor aclarou que o primeiro será “estudar as posibilidades que ofrece a nova Lei de Contratos, e ese é un traballo que lle corresponde aos técnicos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies