займ срочно

A Deputación traballa na mellora da seguridade peonil de Tordoia

0

Tordoia, 18 de febreiro do 2020 – O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, para estudar melloras na seguridade peonil nas estradas provinciais do municipio.

O servizo provincial de Vías e Obras estuda a instalación de sinalización luminosa e novos pasos de peóns na DP 8401 ao seu paso por Pontepedra, principal núcleo urbano de Tordoia. Nesta estrada de 14 quilómetros que concecta Tablilla e Agrodomestre, a Deputación xa levou a cabo nos últimos anos diversas obras de ampliación e renovación do firme na práctica totalidade do vial,  o que ocasiona que os vehículos circulen agora a maior velocidade polo centro do municipio, segundo explicou o alcalde. Para evitar este inconvinte e os problemas de seguridade que poda ocasionar á veciñanza, a Deputación estudará reforzar a sinalización vertical e horizontal na zona, dotándoa incluso de novas sinais luminosas e pasos de cebra, en aras de garantir a seguridade peonil.

A Deputación traballa na mellora da seguridade peonil de Tordoia

Valentín González a esquerda e Antonio Peteiro a dereita

O presidente da Deputación informou tamén ao alcalde do estado das obras de construción dunha nova ponte sobre o río Pedrouzo que permita evitar as inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes.  González Formoso afirmou que as obras están adxudicadas dende finais de 2019 por 470.381 euros (ademais dos 50.000 euros investidos na expropiación dos terreos), pero os traballos non poden comezar ata que diminúa o caudal do río, pois é preciso demoler a estrutura actual e construír unha completamente nova e con maior capacidade de desagüe.

Ademais de evitar inundacións, as obras mellorarán a seguridade cunha ampla plataforma de 10,5 metros; integrada por dous carrís de circulación de 3,5 metros, arcéns laterais e beirarrúas. O novo firme estará composto dunha capa de mestura bituminosa de 5 cm para mellorar a adherencia dos vehículos.

Melloras na estrada Ordes-Tordoia

O alcalde de Tordoia solicitou melloras na estrada DP 5902, que conecta Ordes con Tordoia. “Trátase unha estrada que vertebra parte importante do municipio”, explicou o rexedor, que detallou tamén a necesidade de mellorar a seguridade peonil coa construción dunha senda na DP 1914 ao seu paso no Anxeriz, no núcleo de O Empalme.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies