займ срочно

A Deputación financiará melloras na escola infantil ‘O Bosque’ de Bertamiráns

0

Ames, 26 de xullo do 2021 – A Deputación destinará 52.000 euros para financiar o proxecto de mellora da escola infantil ‘O Bosque’ de Bertamiráns, no Concello de Ames.

Os traballos a levar a cabo na escola infantil ‘O Bosque’ consistirán no acondicionamento e mellora térmica da cuberta e das fachadas  O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ames, Blas García, asinaron o convenio de financiamento das obras.

A Deputación aportará 52.000 euros, o que supón o 65,8% do orzamento total de 78.920,4 €. Este proxecto permitirá mellorar unhas instalacións que contan con 3 aulas destinadas a nenos e nenas de 1 a 2 anos, que dan servizo a uns 39 usuarios e que teñen dormitorio, baño… pero non poden utilizarse a pleno rendemento polas deficiencias actuais.

Coas obras de reparación e mellora da cuberta e fachadas conseguirase unha instalación acorde á súa demanda e unha redución dos custes de mantemento polo menor consumo enerxético.

González Formoso, destacou “o gran crecemento de poboación que experimentou Ames nos últimos anos, o que fai necesario actualizar os seus equipamentos e os servizos para responder ás necesidades da veciñanza”.

Pola súa banda, Blas García agradeceu o apoio da Deputación xa que “hai unha gran demanda de prazas de gardería e a escola infantil ‘O Bosque’ de Bertamiráns necesita de xeito urxente desta renovación”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies