займ срочно

Melloras na estrada que de Tablilla a Agromestre en Tordoia

0

Tordoia, 18 de febreiro do 2022 – A Deputación da Coruña iniciou o proceso de licitación das obras de mellora da seguridade na estrada de Tablilla a Agromestre por Pontepedra, en Tordoia

A sobras na DP 8401 teñen un investimento previsto de 301.945 euros. Os traballos permitirán acondicionar e renovar o firme ao longo de case 2,5 quilómetros, a instalación de nova sinalización eo acondicionamento da recollida de pluviais na zona

O responsable de vías e obras da Deputación, José Manuel Pequeño, destacou que esta actuación súmase a outras enmarcadas no plan de Vías e Obras coas que o organismo provincial pretende incrementar a seguridade viaria e peonil ao  longo dos máis de 2.100 km da rede provincial de estradas

As empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 14 de marzo. Os traballos desenvolerense entre os puntos quilométricos 3,1 e 5,5, dando continuidade ás melloras xa efectuadas pola Deputación nos primeiros tres quilómetros do vial. As obras acondicionarán e renovarán o firme ao longo de case dous quilómetros e medio, axudando a incrementar a seguridade de vehículos e peóns na zona, principal núcleo urbano de Tordoia, coa renovación do firme a través do fresado e reposición nas zonas deterioradas e extensión, na zona de travesía, dunha capa de mestura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor.

O tramo no que se actuará tamén será dotado dunha barreira de seguridade metálica tipo bionda para garantir unha maior seguridade para o tráfico rodado e peonil e a posta a terra de terminais de bionda existentes. Así mesmo, proxéctase nova sinalización horizontal mediante pintura viaria branca, tanto no eixo, coma en beiravías e símbolos.

Nas obras levarase a cabo tamén a apertura de cunetas por ambas marxes e limpeza de paseos e posta a cota de tapas de rexistro e sumidoiros. O prazo de execución será duns cinco meses contados desde a data de firma da acta de comprobación do replanteo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies