займ срочно

Denuncian presuntas irregularidades no obradoiro de emprego de Touro

0

Touro, 29 de decembro do 2020 – A Marea Veciñal de Touro denuncia irregularidades na selección dos participantes no obradoiro de emprego de Touro.

O grupo político pide á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral que investigue o obradoiro de emprego e restitúa o dereito dos prexudicados/as na selección do alumnado-traballador.

Erros nos baremos de puntuación

O obradoiro de emprego de Touro é compartido polo concello cos de Boqueixón, O Pino e Vedra. Desde a Marea Veciñal de Touro explícase que foron incumpridas as bases na preselección de candidatos, algo que podería anular o proceso.

As irregularidades denunciadas céntranse na valoración dos méritos. Según a Marea varios alumnos quedaron fora do proceso xa que a Comisión de Selección non lles puntuou a súa situación de “protección por desemprego”, que tiña un valor de catro puntos.

O partido Veciñal de Touro sospeita da “intención clara de prexudicar e non seleccionar aos candidatos que non se lles puntuou ese apartado” porque “É bastante estraño que se produzan erros na aplicación dun baremo tan sumamente sinxelo, e que precisamente a consecuencia sexa a non selección dalgúns dos afectados”.

Entrevista persoal

O partido tamén considera que a entrevista persoal “e carente de total transparencia, subxectiva e sen garantía algunha para os candidatos, é simplemente unha ferramenta de enchufismo xa que non existe rexistro (gravación) da mesma, o que fai que os candidatos non poidan reclamar nada”.

Revisión de oficio

A Marea Veciñal propuxo á Comisión de Valoración e á Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral que ante esta situación se faga “revisión de oficio” da valoración de todos os candidatos. Se como resultado desa revisión variase a puntuación dos candidatos/as, deberanse artellar solucións excepcionais que restitúan o dereito dos prexudicados sen prexudicar a quen ten dereitos consolidados (a quen foi seleccionado/a). Así, o partido Veciñal  propón que, de xeito excepcional, se amplíen as prazas até dar cabida a aqueles/as que unha vez revisada a puntuación esta sexa superior á que actualmente ocupa o último posto na selección.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies