займ срочно

Denuncian o impacto da minería nos cauces galegos no Día Mundial en Defensa dos Ríos

0

Bisbarra, 14 de marzo do 2022 – Hoxe 14 marzo celébrase o Día Mundial en Defensa dos Ríos e distintos colectivos denuncian o impacto da minería nos cauces galegos.

Amigos da Terra, Enxeñería sen Fronteiras, Plataforma veciñal Mina Touro O Pino Non, Fundación Montescola, Vida e ría ou minaría?, BerXallas, Plataforma SOS Suído, Plataforma na defensa da Ría de Arousa, Cornado Mina Non, Beseño Mina Non son algunhas das asociacións que se fan eco da campaña en defensa dos nosos ríos cun vídeo subido as redes

 

A campaña pon o foco no estado en que se atopan  O Rego do Lourido, o Río Seixo de Landoi, o Rego da Braña Ancha, o Río Brandelos, o Río Portapego, o Río Lañas, o Río Pucheiras, o Río do Burgo, o Río Xuvia, ou o Río Pesqueira entre outros. Cauces afectados polos traballos de extracción, actuais ou pasados, de minas como a de Landoi, no Vicedo, a mina de Varilongo, en Santa Comba, a mina de Viñas nas Somozas, a mina de Touro ou a mina de San Fins.

Denuncian tamén que a administración galega “agocha o estado real destas masas de auga coa localización das Estacións do Programa de Control Operativo, xa que moitas delas están colocadas a moita distancia do foco de contaminación”.

Engaden que a ausencia total de inspeccións e sancións, non permiten realizar “un control axeitado da contaminación procedente de explotacións mineiras, como acontece nos ámbitos de afectación da Mina de Touro, a de Varilongo ou a de San Fins”.

As organizacións ecoloxistas e veciñais sinalan as deficiencias graves tanto na normativa aplicada como no programa de medidas para mellorar as condicións de explotación e ó mantemento dos aproveitamentos mineiros. A isto súmanse “os constantes atrancos que pon a administración galega para a participación das organizacións ecoloxistas e veciñais nas medidas de protección que poderían axudar á conservación das masas de auga no noso país”.

En este día de defensa dos ría reclaman un xiro de 180º nas políticas ambientais da Xunta para facer fronte “a esta enorme ameaza ambiental para ríos, regatos e mesmo o litoral e as ricas rías galegas. Unhas masas de auga que día tras día sofren continuos episodios de drenaxe ácida de mina e filtración de lixiviados das explotacións mineiras”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies