займ срочно

Demandan que o concello de Touro opte aos fondos europeos

0

Touro, 5 de abril do 2021 – A Marea Veciñal de Touro solicitará un pleno extraordinario para pedir que o concello solicite fondos europeos no marco do programa Next Generation.

A marea veciñal de Touro reclama que o concello presente proxectos a estes fondos europeos. As axudas Next Generation están enfocadas na recuperación polo que consideran inaceptable a pasividade municipal.

A Marea Veciñal explica que se dunha oportunidade única para atraer proxectos empresariais ao concello que xeren emprego de calidade dun xeito compatible co entorno.

O Partido Veciñal ofrécese a achegar ideas de diferentes proxectos relacionados co sector agrogandeiro, forestal e industrial que poderían servir de base para optar a estes fondos e que se traducirían en ducias de postos de emprego axudando a fixar poboación.

Inclusión nos proxectos da Xunta

A marea veciñal engade que o concello non reclamou a inclusión da rexeneración dos ríos degradados pola mina de Touro entre os proxectos de conservación da biodiversidade da Xunta de Galicia. Estes proxectos permitirían cumprir as directrices comunitarias necesarias para optar aos fondos

A Marea Veciñal de Touro considera prioritarias estas actuacións de restauración á marxe de que logo se lle esixa á empresa responsable o pago dos custes asumidos. Explican que “a rexeneración ambiental nos ríos da contorna é urxente e non pode seguir esperando máis anos polo que estamos ante unha oportunidade inmellorable para acabar cun dos maiores desastres ambientais de Galicia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies