займ срочно

Delegación de competencias no concello de Ames

0

Ames, 20 de xuño do 2019 – O alcalde de Ames, José Miñones, asinou o decreto coas delegacións de competencias de cada unha das concellarías do novo goberno municipal.

As competencias repártense en doce concellarías e mailas atribucións que lle corresponden ao alcalde. Ademais, realizouse o nomeamento dos/as tenentes de alcalde e dos/as concelleiros/as que formarán a Xunta de Goberno Local. Agora, queda por realizar o pleno de organización no que se decidirán as dedicacións de cada grupo municipal, así como a periodicidade coa que se celebrarán os plenos e as xuntas de goberno local, entre outros asuntos.

O alcalde, José M. Miñones Conde, disporá das competencias relacionadas coa Alcaldía e coa área de urbanismo. Luísa Feijóo Montero seguirá sendo concelleira delegada de Benestar social. Esta concellaría comprende as competencias das áreas de servizos sociais, igualdade, migración, voluntariado e sanidade. José Blas García Piñeiro tamén continuará sendo o concelleiro delegado de Obras e Servizos básicos, que comprende as áreas de obras, servizos básicos, parques, xardíns e protección civil. Susana Señorís Rodríguez levará a concelleira delegada de Deportes e Atención veciñal e xestionará estas dúas áreas.

Manuel Lens Cernadas será o concelleiro de Transición ecolóxica e Medio rural. Así levará as áreas de medio ambiente, medio rural e turismo. Beatriz Martínez Domínguez encargarase da concellería de Mobilidade, que comprende as áreas de tráfico, mobilidade e transporte. Víctor Manuel Fernández Prieto levará a concellaría de Administración Xeral, na que se enmarcan as áreas de administración xeral, persoal, seguridade e participación cidadá. Ana Belén Paz García encargarase da Concellaría de Promoción Económica, que comprende as áreas de comercio, innovación e emprego.   

Por outra banda, David Santomil seguirá sendo o concelleiro de Educación e encargarase de xestionar as áreas de educación, servizos educativos complementarios e patrimonio histórico. Natividade González Rodríguez foi nomeada concelleira de Cultura e Tecnoloxías da comunicación, que comprende as áreas de cultura, festas, tecnoloxías, comunicación e bibliotecas. Escarlata Pampín López será concelleira de Mocidade e Normalización lingüística e xestionará estas dúas áreas.

Por último, Genma Otero Uhía volverá a ser concelleira de Economía e Facendo que comprende as áreas de economía, facenda e contratación, mentres que Vanessa Vidal Freire será concelleira de Transparencia e xestionará as áreas de transparencia e inventario municipal de bens.

Tenencias de alcaldía e Xunta de Goberno Local

Asemade, asinouse o decreto polo que se nomean os/as tenentes de alcalde. Así o primeiro tenente de alcalde é David Santomil; a segunda tenencia de alcaldía correspóndenlle a Blas García; a terceira tenente de alcalde é Genma Otero; a cuarta tenencia de alcaldía é para Luísa Feijóo; a quinta tenente de alcalde é Ana Belén Paz García; e a sexta tenencia de alcaldía é para Natividade González Rodríguez.

A Xunta de Goberno Local estará composta por José Miñones, que na súa calidade de alcalde actuará como presidente, Luísa Feijóo, Blas García, Ana Belén Paz, David Santomil, Natividade Rodríguez e Genma Otero. As sesións ordinarias da Xunta de Goberno Local realizaranse os xoves, ás 13.00 horas, coa periodicidade que se fixe no pleno e organización.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies