Rois, 10 de xaneiro do 2018 – Xente de Rois ven de expoñer no pleno municipal as queixas da veciñanza polas deficiencias na recollida de lixo.
O concelleiro de Xente de Rois, Pere Tobaruela, insistiu nos incumprimentos da concesionaria “a empresa incumpre algunhas veces a frecuencia de recollida e hai unha insuficiencia manifesta de contedores nalgúns puntos, co cal hai días nos que o lixo se acumula sen ser recollido”.
Alcaldía recoñece estas deficiencias na recollida e di que están a intentar solucionar o problema, pero Xente de Rois recorda que xa se leva anos así.
Pere Tobaruela afirma que “é unha evidencia que en Rois se está a pagar por un servizo deficiente. E a cantidade total non é pequena: para este ano 2018 hai presupostado un gasto de 215.000 euros na recollida de lixo”.