займ срочно

O decreto de vivendas turísticas só afectará a alugueres inferiores a 30 días

0

Compostela, 18 de febreiro do 2017 –  A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou nunha sesión informativa celebrada na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que o novo decreto de vivendas de uso turístico só afectará a aquelas que se aluguen para unha estadía de curta duración -inferior a trinta días consecutivos- dúas o máis veces ao ano.

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, e o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro, asistiron á xornada.

Nava Castro sinalou que con esta nova normativa a Xunta cumpre unha demanda tanto do sector hoteleiro como do sector de aluguer de vivendas de uso turístico, as administracións, consumidores e usuarios que viñan solicitando unha regulación que cubrira o baleiro legal ocasionado pola exclusión desta tipoloxía.

O novo decreto busca, así, erradicar as problemáticas máis relevantes vinculadas á tendencia de alugar por días ou semanas a vivenda habitual para fins turísticos ofrecendo un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares e a todo o sector turístico como aos usuarios.

Nava Castro  lembrou que a normativa, que entrará en vigor o 10 de maio, só esixe a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia (REAT) e que sexa unha vivenda legal amoblada e equipada en condicións de inmediata dispoñibilidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies