займ срочно

Decembro foi o máis seco dos últimos 35 anos

0

Compostela, 2 de xaneiros do 2017 –  Este mes de decembro foi un dos máis secos dos últimos 35 anos en Compostela, con tan só 54,8 litros/m2 recollidos en dez xornadas.

A pouca cantidade recollida polo pluviómetro do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA), centro colaborador da AEMET, é salientable tendo en conta que o promedio de precipitacións do último mes do ano en Santiago é de 245,6 l/m2, con 20 días de choiva (un deles inapreciable).

Concretamente nese período só outros dous anos presentaron cifras máis baixas nese mes: 1988 con 14,7 litros/m2 e 1991 (25,1 l/m2). Outros decembros secos foron os de 2001 (72,9 l/m2), 2004 (74,5 l/m2), 2014 (78,7 l/m2) e 2007 (79, 6 l/m2). Pola contra, o decembro máis chuvioso dese período en Santiago foi o do ano 2000, con 782,1 l/m2 en 31 días, seguido do de 2009 (572,0 l/m2) e do de 1989 (556,8 l/m2).

Nos meses de decembro dende 1982 ata agora, o día mais chuvioso resultou ser o 19 de 1989, cando se mediran 120,2 litros/m2, seguido do 5 de decembro de 2009 con 118,1 l/m2, e do 31 de decembro de 1994 con 103,9 l/m2.

Temperaturas cálidas

Polo que atinxe ás temperaturas, a máxima de decembro deste ano foi de 20º6, pero con varios días superando os 18º e 19º. O pasado ano tamén se chegara aos 20º4. O director do OARMA, José Ángel Docobo, aclara que “non son raros os decembros composteláns nos que se chega aos 18º. De feito, en 1983 e 1994 alcanzáranse os 21º2, e o 2 de decembro de 1985 o termómetro chegara aos 24º”.

O único día do mes no que a temperatura foi negativa foi o 19, con  -0º4 rexistrados no Campus Vida da USC. De todos os meses de decembro revisados, a mínima absoluta foron os -3º0 do dia de Nadal de 2001 e a mínima máis alta en 1989, con +5º9. Ademais, só nevou nos decembros de 1990 e 2010; dous días en cada un deles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies